Bacteria gramnegativa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Unha '''bacteria Gram-negativa''' é unha bacteria que non se tingue de violeta ou azul escuro coa [[tinguidura de Gram]]. Isto débese a que, pola estrutura da súa parede, non retén o colorante [[cristal violeta]] que se usa en dita tinguidura ao lavala nunha solución decolorante. <ref name=Baron>{{cite book | author = Salton MRJ , Kim KS | title = Structure. ''in:'' Baron's Medical Microbiology ''(Baron S ''et al.'', eds.)| edition = 4th | publisher = Univ of Texas Medical Branch | year = 1996 | url = http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=mmed.section.289 | isbn = 0-9631172-1-1 }}</ref> Xeralmente, na tinguidura de Gram, despois de aplicar o cristal violeta, aplícase un segundo colorante de contraste ([[safranina]] ou [[fucsina]]), que tingue as bacterias Gram-negativas de rosa ou vermello ; en caso de que non se aplique o colorante de contraste as bacterias Gram-negativas quedarían pálidas (a diferenza das [[Gram-positiva]]s, que quedarían violetas). Esta proba é moi útil na clasificación das bacterias segundo o seu tipo de [[parede celular]].
 
Na literatura o termo pode aparecer escrito das seguintes maneiras: '''Gram negativa''' <ref> M. Madigan, J. Martinko, J. Parker. Brock Microbiología de los Microorganismos. Pearson-Prentice Hall. (2004). 10ª edición. ISBN 84-205-3679-2.</ref>, '''Gram-negativa'''<ref>Stanier, Doudoroff, Adelberg. Microbiología. 2ª ed. Aguilar. ISBN84ISBN 84-03-20256-3.</ref> <ref>Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Páxina 71 (tomo 10). ISBN 84-7680-298-6.</ref>, '''gram-negativa''' <ref>Strassburger. Botánica. 7ª ed. Marín. ISBN 84-7102-990-1.</ref><ref>Zhang H, Sekiguchi Y, Hanada S, Hugenholtz P, Kim H, Kamagata Y, Nakamura K. "Gemmatimonas aurantiaca gen. nov., sp. nov., a gram-negative, aerobic, polyphosphate-accumulating micro-organism, the first cultured representative of the new bacterial phylum Gemmatimonadetes phyl. nov.". Int J Syst Evol Microbiol (Pt 4). PMID 12892144.</ref> e '''gramnegativa''' <ref>Diccionario Terminológico de Ciencias Médicas. Masson. 13ª ed. Páxina 555. ISBN 84-458-0095-7.</ref><ref>Enciclopedia Larousse 2000. Larousse. Páxinas 2607-2608 (tomo 7). ISBN 84-89898-57-X.</ref>.
 
A capacidade patoxénica das bacterias Gram-negativas está normalmente asociada con certos compoñentes da envoltura Gram-negativa, en particular, a capa de [[lipopolisacárido]] (tamén chamado LPS ou [[endotoxina]]). <ref name=Baron /> Nos humanos o LPS desencadea unha [[resposta inmunitaria innata]] caracterizada pola produción de [[citocina]]s e a activación do [[sistema inmunitario]]. Un resultado común da acción das citocinas é a [[inflamación]], que pode producir tamén [[toxicidade]].