Tilacoide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 98:
==Membranas tilacoidais en cianobacterias==
[[Ficheiro:Synechocystis.svg|miniatura|250px|Tilacoides (en verde) dentro da cianobacteria (''Synechocystis'')]]
As [[cianobacteria]]s son procariotas fotosintéticos con sistemas membranosos internos moi diferenciados, que reciben o nome de tilacoides. Non teñen cloroplastos (o propio cloroplasto orixinouse [[endosimbiose|endosimbioticamente]] a partir dunha bacteria completa) pero si estes sistemas membranosos onde se encontra o seu sistema fotosintético. Nestes sistemas de membrana encóntranse os transportadores de electróns fotosintéticos e os da [[respiración celular]]. Os diferentes sistemas de membranas que posúen teñen nelas unha complexidade única entre as bacterias. As cianobacterias deben poder reorganizar as membranas, sintetizar novos lípidos de membrana, e destinar axeitadamente as proteínas ao sistema de membranas correcto. A [[membrana bacteriana externa]] (ou capa externa da parede [[Gram -negativa]]), a [[membrana plasmática]], e as membranas tilacoidais teñen cada unha funcións especializadas nas cianobacterias, e algúns aspectos do seu funcionamento aínda non se coñecen ben. <ref name=Herrero>{{cita libro | autor = Herrero A and Flores E (editor). | título = The Cyanobacteria: Molecular Biology, Genomics and Evolution | edición = 1st | editor = Caister Academic Press | ano = 2008 | url=http://www.horizonpress.com/cyan | id = [http://www.horizonpress.com/cyan ] | isbn = 1-904455-15-8}}</ref>
 
==Notas==