Crenarqueotas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 33:
Talvez o máis abraiante sexa a súa gran abundancia relativa nas augas superficiais invernais na [[Antártida]] (-1,8&nbsp;°C), onde chegan a supoñer o 20% do ARNr microbiano total recollido. Exames similares en augas temperadas da costa de [[California]] demostran que estes organismos tenden a ser os máis abundantes en profundidades inferiores a 100 m. De acordo con estas medidas, parece que estes organismos son moi abundantes no océano e serían un dos contribuíntes principais á fixación do carbono. Isto, xunto co feito de que se encontraron secuencias de ARNr de Crenarchaeota en todos os [[hábitat]] de baixa temperatura nos que foron buscados, suxire que poden estar distribuídos globalmente e xogar un papel importante na [[biosfera]].<ref name=Barns_1996>{{Cita publicación| autor=Barns SM, Delwiche CF, Palmer JD, Pace NR | título=Perspectives on archaeal diversity, thermophily and monophyly from environmental rRNA sequences | revista=Proc Natl Acad Sci U S A | año=1996 | páginas=9188-93 | volumen=93 | número=17 | id= PMID 8799176 }}</ref>
 
Recentemente encontrouse unha nova especie deque se asignou primeiramente a Crenarchaeota, ''[[Cenarchaeum symbiosum]]'' (orde [[Cenarchaeales]]), vivindo en simbioses cunha [[esponxa]] mariña. Esta especie está estreitamente emparentada con outras crenarchaeota non termofílicas que habitan en diversos ambientes terrestres e mariños. Esta especie crece ben a 10&nbsp;°C, uns 60&nbsp;°C por debaixo da temperatura óptima de calquera outra especie cultivada de Crenarchaeota. <ref>{{Cita publicación| autor=C.M. Preston, K.Y Wu, T.F. Molinskidagger and E.F. DeLong | título=[http://www.pnas.org/cgi/content/abstract/93/13/6241 A psychrophilic crenarchaeon inhabits a marine sponge: Cenarchaeum symbiosum gen. nov., sp. nov.] | revista=Proceedings of the National Academy of de Sciences of United States of America | año= 1996 | páginas=6241-6246 | volumen=93 | número=13}}</ref> Posteriormente, foi clasificada como Thaumaarchaeota.
 
En 2005, publicáronse as evidencias da primeira “Crenarchaea de baixa temperatura” cultivada, que foi denominada ''[[Nitrosopumilus maritimus]]'', que é un organismo que oxida o [[amoníaco]] illado dun tanque dun acuario mariño, que crece a 28°C.<ref name=Koenneke_2005>{{cite journal | author=Könneke M, Bernhard AE, de la Torre JR, Walker CB, Waterbury JB, Stahl DA | title=Isolation of an autotrophic ammonia-oxidizing marine archaeon | journal=Nature | year=2005 | pages=543–6 | volume=437 | issue=7058 | pmid=16177789 | doi=10.1038/nature03911 |bibcode = 2005Natur.437..543K }}</ref> <ref name=Ingalls_2006>{{Cita publicación| autor=Ingalls AE, Shah SR, Hansman RL, Aluwihare LI, Santos GM, Druffel ER, Pearson A | título=From the Cover: Quantifying archaeal community autotrophy in the mesopelagic ocean using natural radiocarbon | revista=Proc Natl Acad Sci U S A | año=2006 | páginas=6442-7 | volumen=103 | número=17 | id= PMID 16614070 [http://www.pnas.org/cgi/content/abstract/103/17/6442 abstract] }}</ref> (posteriormente, algúns clasificárono como Thaumarchaeota).