Sociedad Deportiva Octavio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 45:
Na tempada [[1979]]-[[1980|80]], o club olívico regresou por segunda vez na súa historia á máxima categoría. Desta vez, a súa andaina durou tres anos, tralos cales perdeu nóvamente a categoría.
 
Despois de tres anos na 1ª Nacional, o Academia Octavio tivo que xogar en 2ª Nacional durante a tempada [[1985]]-[[1986|86]], aínda que ese mesmo ano conseguiu o ascenso a 1ª Nacional "B", categoría na que permaneceu ata a tempada [[1990]]-[[1991|91]], cando conseguiu o ascenso a 1ª Nacional "A". Dúas tempadas máis tarde, na [[1992]]-[[1993|93]], conseguiu o retorno á máxima categoría do balonmán español da man de Alejandro López. Nese momento comezaba a época dourada do club vigués: semifinais da [[Copa ASOBAL]] e final da [[Copa do Rei de Balonmán|Copa do Rei]] na tempada [[1994]]-[[1995|95]], cuarto posto na tempada [[1995]]-[[1996|96]], e tres anos consecutivos xogando competicións europeas. Mesmo nas tempadas [[1996]]-[[1997|97]] e [[1997]]-[[1998|98]] desputoudisputou as semifinais da [[Copa EHF]] e da [[EHF City Cup|City Cup]] respectivamente.
 
Na tempada [[1997]]-[[1998|98]], o Octavio perdeu a categoría voltandovolvendo á [[División de Honra B de balonmán|División de Honra "B"]]. A partir dese ano, o Octavio comezucomezou a intercalar tempadas na División de Honra "B" con tempadas en ASOBAL (das últimas 13 tempadas: 6 en ASOBAL e 7 na División de Honra "B") gañándosegañando a sona de equipo "ascensor".
 
Na tempada [[2010]]-[[2011|11]] acadou nóvamentenovamente o ascenso á máxima categoría logo de pasar un ano na segunda categoría.
 
== Xogadores ==