Zonula adhaerens: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Nonconfundir|Zonula occludens|Macula adhaerens}}
[[Ficheiro:Adherens Junctions structural proteins.svg|thumb|350px|Principais interaccións das proteínas estruturais nas unións adherentes baseadas na cadherina. Os filamentos de actina están asociados con unións adherentes ademais doutras varias proteínas de unión á actina como a vinculina. O dominio de cabeza da vinculina asóciase coa E-cadherina por medio de cateninas α-, β - e γ. O dominio de cola da vinculina únese a lípidos de membrana e a filamentos de actina.]]
 
Unha '''''zonula adhaerens''''' (tamén escrito '''''zonula adherens''''') tamén chamada '''unión adherentes''' ou '''desmosoma en banda'''<ref>http://219.221.200.61/ywwy/zbsw%28E%29/edetail4.htm</ref> é un conxunto de complexos proteicos que aparecen nas [[unión celular|unións entre as células]] dos tecidos epiteliais. A cara citoplasmática destas unións está unida ao [[citoesqueleto]] de [[actina]]. Están situadas xeralmente nunha posición máis basal ca as [[unión hermética|unións herméticas]].
Aparecen xeralmente como bandas que rodean a célula.
 
Unha [[unión celular]] parecida que se chama [[fascia adhaerens]] aparece en células non epiteliais, como as células musculares cardíacas. É estruturalmente igual, pero aparece formando patróns con forma de fita que non rodean por completo a célula.
 
Cómpre distinguir entre ''zonula adhaerens'' (desmosoma en banda), ''[[macula adhaerens]]'' ([[desmosoma]] puntual), e [[hemidesmosoma]], consultando os artigos correspondentes.