Igrexafeita, San Sadurniño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Revisión.
Sen resumo de edición
Liña 8:
 
En relación co patrimonio artístico cómpre destacar o recente descubrimento de importantísimas pinturas murais na igrexa que apuntan cara un estilo [[gótico]]. Estes murais conserváronse grazas ao retábulo [[barroco]] que se construíu diante delas salvagardando o muro. Abranguen toda a parede do fondo do presbiterio e esténdense pola parte da bóveda de cruzaría que quedou tapada polo retábulo. En principio os muros laterais e toda a bóveda de cruzaría estaban decorados, pero crese que nun intento de ennobrecer o templo buscouse a pedra picando a pintura mural, feito polo que hoxendía non se conserva.
 
[[Image:Xeral_pinturas.jpg]]
 
En realidade, as pinturas que se poden observar na actualidade corresponden a catro pinturas de épocas diferentes. Da máis recente á máis antiga teriamos:
 
A primeira, a que máis espazo ocupa, corresponde á Asunción da [[Virxe]]. Nesta escea aparece representada na parte superior a Virxe con catro anxos que a soben ao ceo mentres outros dous a coroan.Toda a escena remátase na bóveda coa presenza de Deus Pai coas mans estendidas, bendicindo coa dereita e flanqueado por dous anxos trompeteiros.
[[Image:Deus.jpg]]

Abaixo, a ambos lados aparecen os apóstolos divididos en dous grupos de seis coas cara cara arriba mirando á Virxe e as mans xuntas en sinal de oración. No grupo da dereita poden distinguirse a San Pedro coa chave eae a Santo Tomás, que está xirado, e é o único que non está mirando á Virxe.

[[Image:Esquerda_imaxe.jpg]]

No segundo grupo da esquerda aparecen San Xoán coa palma e San Paulo. O resto están sen identificar. Toda a escena remátase na bóveda coa presenza de Deus Pai coas mans estendidas, bendicindo coa dereita e flanqueado por dous anxos trompeteiros.
[[Image:Dereita_imaxes.jpg]]
 
 
A segunda pintura ocupa o recadro que está enriba da mesa do altar, entre un grupo de apóstolos e o outro, e chega en altura aos pés da Virxe. Trataríase dunha Anunciación. Nela pode verse un chan en perspectiva sobre o que se sitúa un xerro con lirios. Aos lados, tapados pola primeira pintura, intúense dúas figuras: a da dereita, de cor branca, sería o arcanxo Gabriel e a da dereita en vermello, a Virxe María. Esta pintura debeuse conservar porque cando se pintou a Asunción, este espazo debeu estar tapado por un pequeno retábulo, cadro ou simellante, o mesmo que ocorreu coa pintura principal e o retábulo barroco, pero a menor escala.
 
[[Image:Central.jpg]]
 
Da terceira pintura, os restauradores deixaron unha testemuña á vista, unha pomba situada nun pequeno recadro á dereita. Trátase do Espírito Santo, recoñecible polo nimbo que rodea a súa cabeza. Podería tratarse doutra Anunciación.