Para contactar comigo

Para contactar comigo, fai click na
palabra Galipedia da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (fai
click no penúltimo botón da barra que
está encima da caixa de edición, o que
ten unha sinatura como debuxo).

Benvido á Galipedia Cesar~glwiki: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición.
A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe

Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes.--Lmbuga Commons - Galipedia 19:32, 22 novembro 2006 (UTC)

Engadín ligazóns internas ó artigo. Grazas polo teu traballo e noraboa polo dominio na escrita da lingua: excelente--Lmbuga Commons - Galipedia 19:34, 22 novembro 2006 (UTC)

Imaxe sen licenza editar

 
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza
Image:Central.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Central.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí.

Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios)


Lmbuga Commons - Galipedia 19:38, 22 novembro 2006 (UTC)

Síntoo, pero teño que darche outra vez a lata coas imaxes. Image:Xeral pinturas.jpg ten unha licenza {{PD-arte}}, esa licenza di: "A obra artística bidimensional que se mostra nesta imaxe está no dominio público en todo o mundo debido á data da morte do seu autor, ou debido á data da súa publicación. Polo tanto, esta reprodución do traballo tamén está no dominio público.". O problema é que a foto non é dunha imaxe bidimensional, os nervios que se perciben nas paredes son tridimensionais, polo que a licenza non é válida.

Creo -só é unha impresión- que a foto en cuestión é realizada por ti. Se pillas na foto elementos tridimensionais non podes poñer esa licenza, pois só é válida cando estes non existen. Se a imaxe fose túa, a licenza que deberías poñer sería {{PD-propia}} e tes que escribir ademais algo así como foto realizada por min nos datos da imaxe para aclarar a súa orixe.

Se a foto non a fixeches ti, coméntame a súa orixe. Revisareina.

En caso de que non corrixas os datos da imaxe teremos que borrala. Non dubides en contactar comigo e dicirme todo aquilo que consideres oportuno. Se queres que che axude, dáme tódolos datos posibles, especialmente:licenza e autor ou fonte. Agradézoche a vontade que manifestas subindo imaxes e procurando mellorar este proxecto; por desgraza, hai un proceso de aprendizaxe ineludible á hora de colaborares. Conta comigo. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:04, 22 novembro 2006 (UTC)

Máis de imaxes editar

O dito para Image:Central.jpg e Image:Xeral pinturas.jpg é válido tamén para Image:Esquerda imaxe.jpg e Image:Dereita imaxes.jpg--Lmbuga Commons - Galipedia 23:09, 22 novembro 2006 (UTC)

Imaxe:Dereita imaxes.jpg é unha violación do copyright editar

  A imaxe Imaxe:Dereita imaxes.jpg foi borrada por violación dos dereitos de autor

Grazas por colaborar subindo imaxes. A imaxe Imaxe:Dereita imaxes.jpg foi borrada por ser unha violación dos dereitos de autor.

Esta imaxe e as demais de dita igrexa que carecían de licenza e orixe foron borradas por ese preciso motivo: Imaxe:Xeral_pinturas.jpg, Imaxe:Deus.jpg, Imaxe:Esquerda_imaxe.jpg, Imaxe:Dereita_imaxes.jpg, Imaxe:Central.jpg


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo -- Lmbuga Commons - Galipedia 20:26, 25 marzo 2008 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario editar

18 de marzo de 2015 ás 01:44 (UTC)

Renomeado editar

19 de abril de 2015 ás 07:38 (UTC)