Ramón Martínez López: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Referencias
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 8:
Comezou a investigar no instituto filolóxico de [[Bos Aires]], baixo a dirección de [[Amado Alonso]] e en [[1940]] accede ao departamento de Linguas Románicas da [[Universidade de Austin]], en [[Texas]], onde realizará o seu labor de pescuda e docencia ata a súa xubilación en [[1971]]. En [[1950]] consegue a cidadanía estadounidense e en [[1959]] a praza de profesor. Traballou como profesor visitante nas universidades de [[Universidade de Wisconsin|Wisconsin]], [[Universidade de Novo México|Novo México]], [[Universidade de Porto Rico|Porto Rico]], [[Universidade de Denver|Denver]] e [[Universidade de Middlebury|Middlebury]].
 
[[Ficheiro:Grande e general estoria (códice del Escorial).jpg|thumbminiatura|180 px|A ''Grande e General Historia'', na súa versión galega do s. XIV, foi editada por Martínez López]]
Os seus temas de investigación principais foron a literatura medieval en galego, e a el débense as edicións críticas modernas das ''[[Cantigas de Santa María]]'', de [[Afonso X]] e da [[General Estoria]], do mesmo autor. Traballou tamén outros campos da poesía medieval e contemporánea española ([[Antonio Machado]]) e da [[literatura portuguesa]] ([[Teixeira de Pascoais]], entre outros), e publicou distintos estudos e artigos sobre [[literatura galega]], tanto en galego como en [[lingua inglesa|inglés]].