Napoleón III de Francia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Franz Xaver Winterhalter Napoleon III.jpg|thumbnailminiatura|250px|Napoleon III retratado por [[Franz Xaver Winterhalter]], 1852.]]
'''Carlos Luís Napoleón Bonaparte''', nado en [[París]] o [[20 de abril]] de [[1808]] e finado en [[Inglaterra]] o [[9 de xaneiro]] de [[1873]], foi o único presidente da [[Segunda República Francesa]] en [[1848]] e logo o [[segundo emperador dos franceses]] en 1852, baixo o nome de '''Napoleón III''', sendo o último monarca que reinou sobre este país.
 
Liña 21:
 
=== Sucesión do bonapartismo ===
[[Ficheiro:Napol3.jpg|thumbnailminiatura|200px|Os catro napoleóns emperadores]]
Segundo a lei da sucesión que Napoleón I establecera durante o [[Primeiro Imperio Francés|Primeiro Imperio]], a prelatura para o trono imperial era: a súa descendencia lexítima directa e logo os seus irmáns e a súa descendencia. O primeiro na orde sucesoria era o seu fillo Napoleón II , [[Rei de Roma]]. Seguíalle [[José Bonaparte]], Rei de Nápoles e de [[España]], e despois [[Luís Bonaparte]], [[Reino de Holanda|Rei de Holanda]], e os seus fillos ([[Luciano Bonaparte]], príncipe de Canino, e os seus descendentes estaban excluídos da sucesión imperial).
 
Liña 40:
 
=== O príncipe-presidente ===
[[Ficheiro:Napoleon-3.jpg|thumbnailminiatura|200px|O príncipe-presidente]]
A [[constitución]] da II República estableceu ríxidas normas ao exercicio da maxistratura presidencial limitándoa para un termo de só catro anos, sen posibilidade de reelección, a fin de evitar que un presidente abusase do seu poder para transformar a [[República]] nunha [[ditadura]] ou obtivese unha presidencia [[vitalicia]].
 
Liña 73:
 
==== Guerra de México ====
[[Ficheiro:Edouard Manet 022.jpg|thumbnailminiatura|200px|O fusilamento de [[Maximiliano I]], por [[Edouard Manet]]]]
Dende a súa independencia en 1821, [[México]] sufrira unha guerra civil latente entre conservadores e liberais. Tras anos de guerra entre ambos os bandos , as finanzas de México atopábanse en crises polo que [[Benito Juárez]] toma a decisión de suspender o pago da débeda externa a Francia, España e Reino Unido. Os [[conservadores]] solicitan a intervención exterior e ofrecen a coroa de México a [[Maximiliano de Habsburgo]], Arquiduque de Austria. [[Francia]], [[España]] e [[Reino Unido]] envían unha forza para exercer presión cara ao pago da débeda. Realizadas as negociacións a través do ministro de relacións Exteriores Manuel Dobrado, España e Reino Unido retiraríanse, mentres que Francia permanecería, co obxectivo de que o novo emperador dese ás empresas francesas un trato preferente, establecendo así unha zona de influencia en México. Pero as súas ilusións imperialistas veríanse frustradas ao sufrir a súa primeira derrota militar en 50 anos, xa que o Cinco de Maio de 1862, en Poboa o exército mexicano aséstalle unha derrota que non só sorprende ao mundo, senón que revitaliza o espírito nacionalista dos mexicanos. Aínda viva a ameaza estranxeira xa que as tropas de Napoleón III entraban ao país co apoio dos conservadores. Os liberais mexicanos resistiron mediante a guerra de guerrillas. Ante as derrotas infrinxidas polas guerrillas mexicanas as tropas de Napoleón III retiraranse de México e Maximiliano I sería fusilado no [[Cerro das Campás]], en [[Querétaro]] en 1867, ante a protesta de reis e xefes de estado. A repercusión desta derrota será importante para o Segundo Imperio.
 
Liña 90:
 
== Campañas militares ==
[[Ficheiro:Black_sea_crimean_war.jpg|240px|thumbnailminiatura|Situación das costas do [[Mar Negro]] ao comezo da Guerra de Crimea.]]
A resposta de Napoleón á demanda de [[Rusia]] para influír no [[imperio Otomán]] levou a unha vitoriosa participación de [[Francia]] na [[Guerra de Crimea]] (marzo de 1854-marzo de 1856). Tamén aprobou lanzar unha expedición naval en 1858 para castigar aos [[Vietnam - Việt Nam|vietnamitas]] e forzar ao seu corte real a aceptar unha presenza francesa no país. O 14 de xaneiro de 1858 Napoleón escapou a outra tentativa de asasinato.
 
Liña 97:
En outubro de 1865 en (Biarritz), o [[chanceler]] prusiano [[Otto von Bismarck]] obtivo de Napoleón III que Francia se mantivese á marxe dun previsible conflito austro-prusiano, mentres que [[Prusia]] comprometíase a apoiar ao [[Reino de Italia (1861-1946) |Reino de Italia]] para conseguir a anexión de [[Venecia]], en mans austríacas. Napoleón pensou que o conflito sería longo e brindaríalle a oportunidade de actuar de mediador e talvez conseguir vantaxes territoriais. O emperador comprometeuse a mediar ante os italianos, o que se conseguiu coa alianza ofensivo-defensiva contra [[Austria]] asinada en abril de 1866. Pero [[Prusia]] derrotou facilmente a Austria na [[Guerra das Sete Semanas]].
 
[[Ficheiro:BismarckundNapoleonIII.jpg|thumbnailminiatura|200px|[[Bismarck]] e Napoleón III trala [[Batalla de Sedán]]]]
Forzado pola diplomacia do chanceler alemán [[Otto von Bismarck]], Napoleón declarou o inicio das hostilidades na [[Guerra franco-prusiana]] (1870) que resultou desastrosa para Francia e deu vía libre á conformación do [[Segundo Reich]]. O Emperador foi preso na [[Batalla de Sedán]] (2 de setembro) e deposto polas forzas da [[Terceira República Francesa|Terceira República]] en París dous días despois.