Barco viquingo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 1:
[[Ficheiro:Oseberg longship.png|thumbminiatura|O Oseberg é un barco viquingo construído no ano 820]]
'''Barco viquingo''' é o nome colectivo que reciben os diferentes tipos de [[barco|navío]]s utilizados polos [[viquingo]]s, divididos en función do seu tamaño e función: [[drakkar]], [[knarr]], [[karve]] e [[faering]].
 
==Historia==
Os primeiros barcos viquingos carecían de [[velame]], contra fins do século VI e comezos do VII comezan a aparecer as primeiras velas e a partir do século VIII os navíos contan cun velame máis completo, converténdose en típico o navío cunha gran vela cadrada ou trapezoidal sobre un pao situado á proa do medio da nave, nunha [[carlinga]] sobre a [[quilla]], esta vela era a que rexía o rumbo da nave, servindo o [[temón]] tan só para facer lixeiras correccións. Aínda así os viquingos seguiron a utilizar embarcacións sen velame.
[[Ficheiro:Wikinger.jpg|thumbminiatura|Ilustración do século XII de barcos viquingos sen velame]]
A construción dos barcos realizábase as máis das veces ao aire libre ou ben nun alboio ao pé da beiramar, utilizando diferentes tipos de mardeira para as diferentes partes, de [[carballo]] para a quilla, de [[abeto]] para a berlinga e as partes máis avanzadas da popa e da propa e de [[faia]] para o resto.
 
==Drakkar==
[[Ficheiro:Viking longship.png|thumbminiatura|Drakkar típico]]
As drakkar eran embarcacións longas, rápidas, lixeiras e seguras, con remos en case toda a lonxitude do casco e con velame. Usábanse tanto como para viaxes de rapina como para comercio de longa distancia, foron a clave para o poder naval viquingo e posibilitaron a colonización nórdica das [[Órcadas]], [[Shetland]], [[Feroe]], [[Islandia]] e [[Grenlandia]] xa que non navegaban bordeando a costa como ata entón era o habitual.