Aditivo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 6:
 
Os aditivos identifícanse polo seu nome químico ou, máis normalmente, mediante un código internacional que, na [[Unión Europea]], comeza coa letra '''E''' e segue con tres ou catro díxitos que designan cada substancia (ás veces seguidos de letras). En España utilizouse durante anos a letra '''H''' (de Hispania) para identifica-los aditivos autorizados no mercado nacional, e aínda pode verse esta codificación nalgunhas [[etiquetaxe dos alimentos|etiquetas]] de certos alimentos.
[[Ficheiro:Crema.jpg|thumbminiatura|410px|Aditivos na lista de ingredientes dunha sobremesa láctea (''natillas'')]]
== Antecedentes históricos ==
A utilización de substancias para modifica-lo sabor, a textura ou outras características, ou para prolonga-la conservación dos alimentos vénse facendo desde hai séculos. O uso do [[sal común|sal]] ou do [[vinagre]] son claros exemplos históricos da busca destes obxectivos. Os romanos queimaban [[xofre]] sobre as cántaras de [[viño]] para liberar anhídrido sulfuroso (o que hoxe sería o E-220), con intención de desinfectalas e que o viño se conservase máis tempo, buscando o mesmo efecto que recentemente se perseguía en Galicia queimándoo nos bocois, e hoxe engadindo sulfitos.
Liña 70:
 
== Indicación dos aditivos na etiquetaxe ==
[[Ficheiro:Etiqueta bolo recheo.jpg|thumbminiatura|250px|Indicación mediante os códigos E]]
[[Ficheiro:Cocido galego etiqueta.jpg|thumbminiatura|esquerda|250px|Indicación mediante o nome químico]]
A inclusión de calquera aditivo nun alimento debe indicarse expresamente na [[etiquetaxe dos alimentos|etiquetaxe]], cumprindo a regra xeral de ordenación de maior a menor presenza. Esta indicación debe facerse expresando a categoría seguida do código E do aditivo ou aditivos que conteña ou do seu nome químico. Así, nuns casos poderemos ler que contén ''emulxente: lecitina de soia'' e noutros que contén ''emulxente: E-322'', que indica o mesmo aditivo; outro exemplo sería o ''E-500ii'', que pode designarse desta forma ou como ''bicarbonato sódico''.
 
Liña 87:
 
== Autorización e control dos aditivos ==
[[Ficheiro:Pastas aditivos.PNG|350px|thumbminiatura|9 aditivos nunhas pastas con chocolate]]
As substancias que se poden utilizar como aditivos deben estar incluídas nas "'''listas positivas'''" que publican as autoridades sanitarias para cada tipo de produto alimenticio. A inclusión dos aditivos autorizados nestas listas positivas faise logo de garanti-la súa inocuidade para o [[consumidor]], ás doses máximas indicadas.
Liña 119:
Parello é o caso dalgúns emulxentes cando se utilizan coa finalidade de aumenta-la retención de auga do alimento (como tal, o E-450 polifosfato no [[xamón cocido]]), co que iso pode implicar de intento de engano ó consumidor.
 
[[Ficheiro:Salchichon etiqueta.jpg|300px|thumbminiatura|Aditivos nun produto de alta gamma (un salchichón ibérico)]]
Outra vella crenza, por veces xustificada, é que o uso de aditivos permite o uso de materias primas de peor calidade que se poden enmascarar con estas substancias. Esta alegación pode te-lo seu fundamento cando se fala de aditivos colorantes, edulcorantes ou algún outro, pero o certo é que resulta común utilizar aditivos tamén en produtos de alta gama, especialmente os conservantes e algúns outros de interese tecnolóxico. A modo de exemplo, na etiqueta adxunta, dun [[salchichón]] ibérico, pode comprobarse o uso de conservantes E-250 e E-252 (nitrito sódico e nitrato potásico) que, como veremos a seguir, resultan practicamente imprescindibles nos [[produtos cárnicos]] conservados ó dete-lo crecemento do [[botulismo|''Clostridium botulinum'']], unha perigosa [[bacteria]].