Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
[[Ficheiro:Mitochondrial DNA en.svg|thumbminiatura|300px|right|ADN mitocondrial humano.]]
[[Ficheiro:Electron microscopy reveals mitochondrial DNA in discrete foci.jpg|thumbminiatura|Imaxe de [[microscopio electrónico]] do ADN mitocondrial. Barra de 200 nm. (A) Sección do citoplasma despois dun inmunomarcado con ouro con anti-ADN; as partículas de ouro que marcan o ADN atópanse preto da membrana mitocondrial. (B) Vista do citoplasma despois da extracción con tampón CSK e inmunomarcado con ouro con anti-ADN; o ADNmt (marcado coas partículas de ouro) resiste a extracción. De Iborra et al., 2004.<ref name="pmid15157274">{{cite journal |author=Iborra FJ, Kimura H, Cook PR |title=The functional organization of mitochondrial genomes in human cells |journal=[[BMC Biol.]] |volume=2 |issue= |pages=9 |year=2004 |pmid=15157274 |pmc=425603 |doi=10.1186/1741-7007-2-9 |url=http://www.biomedcentral.com/1741-7007/2/9}}</ref>]]
 
O '''ADN mitocondrial''' ou '''ADNmt''' (en inglés '''mtDNA''') é o ADN que se encontra dentro das [[mitocondria]]s celulares, [[orgánulo]]s [[célula eucariótica|eucarióticos]] que fabrican a maior parte do [[adenosín trifosfato|ATP]] (molécula que almacena e cede enerxía na célula) a partir da enerxía obtida na oxidación dos alimentos. Porén, a maioría do ADN presente nas células eucarióticas está no [[núcleo celular]].
 
== Mutacións ==
[[Ficheiro:Mitochondrial DNA and diseases.png|thumbminiatura|Implicación do ADNmt en varias doenzas humanas.]]
=== Susceptibilidade ===
O ADNmt é especialmente susceptible ás [[especies reactivas do osíxeno]] xeradas pola [[cadea respiratoria]] debido á súa proximidade. Aínda que o ADNmt está empaquetado con proteínas e ten unha capacidade significativa de reparación, estas funcións protectoras son menos potentes ca as que operan no ADN nuclear e, xa que logo, pénsase que isto contribúe a aumentar a susceptiobilidade ao dano oxidativo no ADNmt. Os resultados das mutacións no ADNmt poden ser a alteración na información codificada para a síntese dalgunhas proteínas,<ref>C.Michael Hogan. 2010. [http://www.eoearth.org/article/Mutation?topic=49496 ''Mutation''. ed. E.Monosson and C.J.Cleveland. Encyclopedia of Earth. National Council for Science and the Environment. Washington DC]</ref> que poden ter un efecto no metabolismo do organismo ou na súa capacidade de supervivencia.
 
O ADNmt pode usarse tamén para identificar individuos.<ref>{{cite journal | author=Brown WM |year=1980 | title=Polymorphism in mitochondrial DNA of humans as revealed by restriction endonuclease analysis | journal=Proc Natl Acad Sci USA |volume=77 | pages=3605–3609 | pmid=6251473 | doi=10.1073/pnas.77.6.3605 | issue=6 | pmc=349666}}</ref> Os laboratorios forenses usan ocasionalmente comparacións de ADNmt para identificar restos humanos, e especialmente para identificar restos esqueléticos antigos. Porén, a diferenza do ADN nuclear, o ADNmt non é específico dun individuo, pero pode usarse en combinación con outras evidencias (probas antropolóxicas, evidencias circunstanciais, etc.) para establecer a identificación. O ADNmt tamén se usa para excluír posibles coincidencias entre persoas desaparecidas e restos identificados.<ref>[http://www.ancientdna.com/forensic.html Paleo-DNA Laboratory - Forensic Services<!-- Bot generated title -->]</ref> Moitos investigadores cren que o ADNmt é mellor para identificar esqueletos antigos ca o ADN nuclear porque o gran número de copias existentes por cada célula incrementa a posibilidade de obter mostras útiles, e porque unha coincidencia cun parente vivo é posible mesmo se están ambos separados por numerosas xeracións maternas. Os restos do bandido norteamericano [[Jesse James]] foron identificados por medio dunha comparación entre o ADNmt extraído dos seus restos e o ADNmt dos fillos por liña materna da bisneta da súa irmá.<ref name="pmid11210907">{{cite journal |author=Stone AC, Starrs JE, Stoneking M |title=Mitochondrial DNA analysis of the presumptive remains of Jesse James |journal=J. Forensic Sci. |volume=46 |issue=1 |pages=173–6 |year=2001 |month=January |pmid=11210907 |url=http://www.eva.mpg.de/genetics/pdf/Stone.JFS.2001.pdf}}</ref> De xeito similar, puideron identificarse os restos da última emperatriz de Rusia, [[Alexandra Fiodorovna Romanova|Alexandra Fiodorovna]], e os seus fillos por comparación do seu ADNmt co do [[Filipe de Edimburgo|Príncipe Filipe, duque de Edimburgo]], cuxa avoa materna foi a irmá de Alexandra, Victoria de Hesse.<ref name="pmid8162066">{{cite journal |author=Gill P, Ivanov PL, Kimpton C, ''et al.'' |title=Identification of the remains of the Romanov family by DNA analysis |journal=Nat. Genet. |volume=6 |issue=2 |pages=130–5 |year=1994 |month=February |pmid=8162066 |doi=10.1038/ng0294-130 |url=}}</ref> Tamén se identificaron os restos do último [[tsar]] de Rusia [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]] ao compararen o seu ADNmt co de James Carnegie, terceiro duque de Fife, cuxa bisavoa materna, a raíña [[Alexandra de Dinamarca]], era irmá da nai de Nicolás II, Dagmar de Dinamarca (emperatriz María Fiodorovna).<ref>Os detalles das probas publicáronse en Gil et al., ''Identification of the Remains''. O duque de Fife foi oficialmente nomeado como a fonte da mostra de comparación do ADNmt en Ivanov, ''Mitochondrial DNA'', p. 419.</ref>
[[Ficheiro:Map-of-human-migrations.jpg|thumbminiatura|right|350px|Modelo da orixe africana e as posteriores migracións do ser humano, baseado en estudos do ADNmt.]]
 
Os [[tamaños efectivos de poboación]] baixos e as rápidas frecuencias de mutación (en animais) fan ao ADNmt útil tamén para avaliar as relacións xenéticas de individuos ou grupos dunha mesma especie e tamén para identificar e cuantificar a [[filoxenia]] (relacións evolutivas) de diferentes especies, con tal de que non estean demasiado separadas no tempo. Para facelo, os biólogos determinan e despois comparan as secuencias de ADNmt de diferentes individuos ou especies. Os datos das comparacións úsanse para construír unha rede de relacións entre as secuencias, o cal proporciona unha estimación das relacións entre os individuos e as especies examinadas. Esta estratexia ten límites impostos pola frecuencia de cambio das secuencias. Por exemplo, en animais as altas taxas de mutación fan ao ADNmt máis útil para comparar individuos dunha especie e para comparar especies que teñen un parentesco próximo ou relativamene próximo, entre as cales o número de secuencias diferentes pode ser contado doadamente. Pero a medida que as especies teñen un parentesco máis afastado no tempo, o número de diferenzas nas secuencias faise máis grande, e os cambios empezan a acumularse ata que se fai imposible un reconto preciso.
103.029

edicións