Seitura: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado: sr:Жетва |
m arranxiños menores |
||
Liña 9:
Como era un traballo colectivo, no día sinalado (un día de sol contra o [[25 de xullo]], como di o refrán: polo San Xoán sécalle unha raíz ó pan, polo San Pedro sécalle a do medio e polo Santiago fouciños ó agro) o dono das leiras chamaba unha cuadrilla de homes e mulleres, algúns a xornal, outros por razóns de veciñanza e axuda mutua e outra parte por familiares. Todos eles presentábanse na casa do dono nada máis romper o día, provistos dos apeiros necesarios para o labor que ían realizar: os homes con fouciños e as mulleres e nenos só coas gañas de traballar. Era costume ofrecerlles de almorzo caldo requente, torresmos con pan ou leite mazado.
Había que aproveitar as primeiras horas do día, xa que a calor provocaba que se
Era raro ver unha muller segando, xa que o traballo reservado para esta era coller o feixe de palla, sacudirlle os fentos ou outras herbas malas que levase, e atalo cunha presa da mesma palla ata facer un mollo. Os nenos (algúns de só cinco ou seis anos) recollían tras das atadoras as espigas que ían quedando e tamén tiñan que ir á fonte máis próxima por auga fresca nuns porróns de barro para os traballadores, e encargarse de gardalos á sombra para que no se quentara a auga. E outros dedicábanse a recoller "pan corvo" que logo se vendería.
Cando a calor
Normalmente na construción dos medouchos participaban os máis vellos que dirixían este labor ou a facían eles mesmos, namentres os rapaces lles traían os mollos espallados pola leira. Era costume que as mulleres fosen provistas de medias gordas ou ben de pantalóns para evitar as feridas das canas que quedaban unha vez cortado o pan. A mesma precaución tiñan que adoptar os nenos.
Esta forma de facer a seitura
==Véxase tamén==
|