Alveolados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 47:
Os [[Apicomplexa]] e [[dinoflaxelado]]s poden estar máis estreitamente relacionados entre si que cos [[ciliado]]s. Ambos os dous grupos teñen [[plasto]]s, e a maioría comparten a posesión dun monllo ou cono de [[microtúbulo]]s na parte superior da célula. Nos apicomplexos esta estrutura forma parte dun complexo utilizado para entrar na célula hóspede, e nalgúns dinoflaxelados incoloros forma un pedúnculo utilizado para inxerir as presas. Outros xéneros están relacionados estreitamente con estes dous grupos, e son principalmente flaxelados cunha estrutura apical similar. Entre eles hai especies de vida libre nos xéneros ''[[Oxyrrhis]]'' e ''[[Colponema]]'', e parasitos en ''[[Perkinsus marinus|Perkinsus]]'', ''[[Parvilucifera]]'', ''[[Rastrimonas]]'' e os [[elobiópsido]]s. En 2001, a amplificación directa do xene do [[ARNr]] en mostras de [[picoplancto]] mariño indicou a presenza de dúas novas liñaxes de alveolados, chamadas grupo I e II. <ref>López-García, P. ''et al.'' (2001). Unexpected diversity of small eukaryotes in deep-sea Antarctic plankton. ''Nature'' '''409''': 603-7.</ref><ref>Moon-van der Staay, S. Y. ''et al.'' (2001). Oceanic 18S rDNA sequences from picoplankton reveal unsuspected eukaryotic diversity. ''Nature'' '''409''': 607-10.</ref> O grupo I non ten parentees cultivados, e o grupo II está relacionado co dinoflaxelado parasito ''[[Amoebophrya]]'', que fora clasificado ata agora como o orde de dinoflaxelados dos [[Syndiniales]].
 
As relacións entre algúns destes grupos principais xa foran suxeridas na década de 1980s, e a existencia dunha relación específica entre eles foi confirmada a comezos da década de 1990 por estudos xenéticos, realizados principalmente por Gajadhar ''et al''.<ref>
{{cite journal | author = Gajadhar, A. A. ''et al.''
| title = Ribosomal RNA sequences of ''Sarcocystis muris'', ''Theilera annulata'', and ''Crypthecodinium cohnii'' reveal evolutionary relationships among apicomplexans, dinoflagellates, and ciliates