Trypanosoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 59:
Existen dous tipos de tripanosomas diferentes, con ciclos de vida difrerentes, as especies salivarias e as estercorarias.
 
Os tripanosomas estercorarios infectan insectos, xeralmente o ''[[Triatoma]]'', desenvólvese na parte posterior do seu aparato dixestivo e os protozoos infectivos son liberados nas feces, que son depositadas na pel do hóspede. O organismo entón penetra e pode diseminarse polo corpo. Os insectos volven a infectarse cando se alimentan de sangue do hóspede. Destaca o ''T. cruzi''.
 
Os tripanosomas salivarios desenvólvense na parte anterior do aparato dixestivo do insecto (probóscide, hipofarinxe), e o vector máis importante é a [[mosca tse-tse]]. Os organismos infectivos son inoculados no hóspede cando pica e segrega saliva antes de alimentarse. Destaca ''T. brucei''.
 
A medida que os tripanosomas progresan no seu ciclo vital van sufrindo unha serie de cambios morfolóxicos como ocorre en todos os [[tripanosomátido]]s. O ciclo vital xeralmente presenta unha forma [[tripomastigota]] no hóspede vertebrado e unha forma tripomastigota ou [[promastigota]] no aparato dixestivo do hóspede invertebrado. Na fase intracelular do ciclo de vida o protozoo está normalmente na forma [[amastigota]]. Nos tripanosomátidos a morfoloxía tripomastigota é exclusiva das especies do xénero ''Trypanosoma'', na que o flaxelo percorre toda a célula formando unha membrana ondulada.