Proteoglicano: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 3:
[[Ficheiro:PBB Protein ACAN image.jpg|thumb|right|250px|[[Aggrecán]], o principal proteoglicano da [[cartilaxe]]. A súa parte proteica consta de 2316 [[aminoácido]]s.]]
Os '''proteoglicanos''' (antes chamados '''mucoproteínas''') son [[glicoproteína]]s presentes no [[tecido conectivo]], <ref>MeshName - Proteoglycans [http://www.nlm.nih.gov/cgi/mesh/2011/MB_cgi?mode=&term=Proteoglycans]</ref> que están moi glicosiladas, debido á unión [[covalente]] ao núcleo formado pola proteína dunha ou máis (poden chegar a cen) cadeas de [[glicosaminoglicano]]s (GAG). <ref name="MeisenbergSimmons2006">{{cita libro|autor=Gerhard Meisenberg, William H. Simmons|título=Principles of medical biochemistry|url=http://books.google.com/books?id=y2A0h64iNlcC&pg=PA243|accessdate=7 xuño 2012|ano=2006|editor=Elsevier Health Sciences|isbn=978-0-323-02942-1|páxinas=243–}}</ref> O punto de unión máis común entre ambos os compoñentes é un residuo de [[serina]] da proteína, ao cal, se une o glicosaminoglicano. No caso do [[condroitín sulfato]],
Os proteoglicanos son moi diferentes das glicoproteínas típicas, porque estas últimas son xeralmente menores e teñen unha proporción de carbohidrato entre o 1 e o 60% do peso, que forman cadeas curtas ramificadas e adoitan conter [[ácido siálico]], pero os proteoglicanos normalmente son maiores, teñen entre un 90 e 95% do peso de carbohidrato, formando cadeas non ramificadas nas que son máis raros os ácidos siálicos.<ref>Bruce Alberts et al. Biología Molecular de la Célula. Omega. 1986. Páxinas 753-755. ISBN 84-282-0752-6</ref>
Liña 39:
==Funcións==
Os proteoglicanos son un compoñente principal da [[matriz extracelular]] animal, a substancia "de recheo" que hai entre as células. Alí, forman grandes complexos con outros proteoglicanos ou co [[ácido hialurónico]] ou con proteínas fibrosas (como o [[coláxeno]]). Tamén hai proteoglicanos de membrana. Están tamén implicadas na unión a [[catión]]s como o [[sodio]], [[potasio]] e [[calcio]], e á [[auga]], e tamén regulan o movemento de moléculas a través da matriz. Serven como lubricantes. As evidencias tamén mostran que poden afectar á actividade e estabilidade das proteínas e a sinalización de moléculas na matriz. Poden unirse a [[citocina]]s e diversos factores e os proteoglicanos de membrana poden funcionar como receptores <ref name=Esko/>. As funcións individuais dos proteoglicanos poden ser atribuídas tanto ao seu núcleo proteico coma ao glicosaminoglicano.
==Síntese==
|