Diferenzas entre revisións de «Peptidoglicano»

 
===Fase 1===
Ten lugar no citosol. No primeiro paso da síntese do peptidoglicano, o aminoácido [[glutamina]], doa un grupo amino ao azucre, [[frutosa 6-fosfato]]. Este transforma a frutosa 6-fosfato en [[glicosamina 6-fosfato]]. No segundo paso da síntese, transfírese un grupo acetilo desde o [[acetil-CoA]] ao grupo amino da glicosamina 6-fosfato orixinando [[N-acetilglucosamina 6-fosfato|''N''-acetilglicosamina 6-fosfato]]. <ref name="white"/> No terceiro paso, a ''N''-acetilglicosamina 6-fosfato é isomerizada, ao que fai que cambie a [[N-acetilglicosamina 1-fosfato|''N''-acetilglicosamina 1-fosfato]]. <ref name="white"/>
 
No paso cuarto, o fosfato-''N''-acetilglicosamina 1-fosfato, que é agora un monofosfato, ataca a [[Uridina trifosfato|UTP]] ([[nucleótido]] que actúa como fonte de enerxía). Nesta reacción, o UTP perde un [[pirofosfato]], que é reemprazado polo fosfato do aminoazucre, orixinándose UDP-N-acetilglicosamina (UDP-GlcNAc), que é o precursor do NAG do peptidoglicano.
No 5º paso, parte do UDP-N-acetilglicosamina é convertido en UDP-ácido N-acetilmurámico (UDP-MurNAc)) pola adición dun grupo lactilo á [[glicosamina]]. Tamén nesta reacción, o grupo C3 [[hidroxilo]] retira un fosfato do carbono alfa do [[fosfoenolpiruvato]]. Isto crea o que se denomina un enol derivado que será reducido a un “residuo lactil” polo [[NADPH]] no paso sexto da síntese. <ref name="white"/>
 
No 7º paso, o UDP–MurNAc conértese no pentapéptido UDP-MurNAC pola adición de cinco aminoácidos, normalmente incluíndo o dipéptido <small>D</small>-alanil-<small>D</small>-alanina. <ref name="white"/> Cada unha destas reaccións require como fonte de enrxía o [[adenosín trifosfato|ATP]]. <ref name="white"/>
 
===Fase 2===
177.356

edicións