Fibrocito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
Un '''fibrocito''' é unha célula [[mesénquima|mesenquimática]] inactiva, que ten un [[citoplasma]] pequeno, un [[retículo endoplasmático]] rugoso pouco extenso e non presenta evidencias bioquímicas de síntese proteica.
O termo ''fibrocito'' contrasta co termo ''[[fibroblasto]]''. Un fibrocito pode ser considerado como un fibroblasto en repouso. Os fibroblastos son células activas do [[tecido conectivo]] caracterizadas pola síntese de proteínas da [[matriz extracelular]] fibrosa, especialmente [[coláxeno]]s. Cando o tecido sofre danos, as células mesenquimáticas predominantes, os fibroblastos, críase que derivaban dos fibrocitos ou de células do [[músculo liso]] que revisten os vasos sanguíneos ou glándulas. Normalmente, os fibroblastos expresan a proteína [[actina]] do músculo liso, unha forma de actina que se atopou primeiro nas células musculares lisas e non se atopa nos fibrocitos inactivos. Os fibroblastos que expresan esta forma de actina denomínanse "miofibroblastos".
 
Recentemente o termo "fibrocito" foi aplicado tamén a células transportadas polo sangue que poden abandonar a circulación, entran nos tecidos e convértense en fibroblastos <ref>Robert M. Strieter, Ellen C. Keeley, Marie D. Burdick, Borna Mehrad. The Role of Circulating Mesenchymal Progenitor Cells, Fibrocytes, in Promoting Pulmonary Fibrosis. Trans Am Clin Climatol Assoc. 2009; 120: 49–59. PMCID: PMC2744511 [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC2744511/]</ref> <ref>