Elemento dos vasos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Un '''elemento dos vasos''' ou '''membro dos vasos''' é un dos tipos celulares do [[xilema]] das plantas, especializado no transporte de zume bruto (auga e sales) pola planta desde as raíces a todas as partes da planta. Os elementos dos vasos están perforados en certas zonas e únense uns con outros formando longos tubos chamados '''vasos''' ou '''traqueas'''. Os elementos dos vasos son típicos das [[anxiosperma]]s pero están ausentes na maioría das [[ximnosperma]]s como as [[conífera]]s (estas posúen [[traqueida]]s).
 
Cada vaso ou traquea está formado por un número limitado de elementos dos vasos con perforacións unidos uns encima dos outros, pero diferentes os diferentes vasos dunha serie están unidos entre si por paredes imperforadas (similares ás das [[traqueida]]s), que tamén poden ser atravesadas pola auga e solucións acuosas.
 
No xilema secundario, os elementos dos vasos orixínanse a partir dunha célula fusiforme do [[cambium]], que cando madura morre e perde o seu protoplasto, polo que a célula queda baleira, pero conserva a súa [[parede celular]] lignificada. Tipicamente o protoplasto morre antes de que se forme a perforación. Aínda que o elemento do vaso é unha célula morta, conserva a súa funcionalidade como elelmento condutor, e está protexida polas células vivas que a rodean.