Elemento dos vasos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Hardwood Pores.jpg|right|thumb|300px|Micrografía de microscopio electrónico de varrido (ariba) e microscopio óptico (abaixo) de elementos dos vasos de [[carballo]].]]
 
Un '''elemento dos vasos''' ou '''membro dos vasos''' é un dos tipos celulares do [[xilema]] das plantas, especializado no transporte de zume bruto (auga e sales) pola planta desde as raíces a todas as partes da planta. Os elementos dos vasos están perforados en certas zonas e únense uns con outros formando longos tubos chamados '''vasos''' ou '''traqueas'''. Os elementos dos vasos son típicos das [[anxiosperma]]s pero están ausentes na maioría das [[ximnosperma]]s como as [[conífera]]s (estas presentan [[traqueida]]s).
 
Cada vaso ou traquea está formado por un número limitado de elementos dos vasos con perforacións unidos uns encima dos outros, pero diferentes os vasos dunha serie están unidos entre si por paredes imperforadas (similares ás das [[traqueida]]s), que tamén poden ser atravesadas pola auga e solucións acuosas.
 
No xilema secundario, os elementos dos vasos orixínanse a partir dunha célula fusiforme do [[cambium]], que cando madura morre e perde o seu protoplasto, polo que a célula queda baleira, pero conserva a súa [[parede celular]] lignificada. Aínda que o elemento do vaso é unha célula morta, conserva unha funcionalidade, e está protexida polas células vivas que a rodean.
Liña 8 ⟶ 10:
A parede celular está moi impregnada de [[lignina]] (lignificación). En cada un dos dous estremos do elemento do vaso hai aberturas na parede, polas que se conecta un elemento dos vasos co seguinte. Estas aberturas chámase perforacións ou placas perforadas. Estas perforacións poden ter formas moi variadas: os tipos máis comúns son a perforación simple (unha simple abertura) e a perforación escalariforme (varias aberturas alongadas unhas encima das outras formando un deseño parecido a uha escada). Outros tipos son a placa perforada foraminada plate (varaias aberturas redondeadas) e a placa perforada reticulada (cun deseño en rede, con moitas aberturas). As paredes laterais teñen puntuacións, e poden ter engrosamentos en espiral, pero non perforacións.
 
==Evolución==
A presenza de vasos no xilema é considerada unha das innovacións evolutivas chave que levaron ao éxito das plantas con flor. Pensábase antes que esta innovación era exclusiva das plantas con flor, pero a súa ausencia nalgunhas anxiospermas basais e a súa presenza nalgúns membros das [[Gnetales]] suxire que esta hipotese debe ser reexaminada; os elementos dos vasos nas Gnetales non poden ser homólogos dos das anxiospermas, ou os elementos dos vasos que se orixinaron nun precursor das anxiospermas puideron perderse posteriormente nalgunhas liñaxes basais (por exemplo, [[Amborellaceae]], [[Tetracentraceae]], [[Trochodendraceae]], e [[Winteraceae]]), descritas por [[Arthur Cronquist]] como "primitivamente sen vasos". Cronquist considera que os vasos de ''[[Gnetum]]'' son resultado dunha evolución converxente cos das anxiospermas.