Hidroxenosoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 1:
Un '''hidroxenosoma''' é un [[orgánulo]] limitado por [[membrana]]s encontrado nas [[célula]]s de protozoos [[Ciliophora]], ''[[Trichomonas]]'' e [[Fungo (bioloxía)|fungo]]s. Trátase de organismos anaerobios ou aerotolerantes fermentativos. O orgánulo produce [[hidróxeno]] molecular e [[Adenosín trifosfato|ATP]] e permite obter enerxía sen usar o O<sub>2</sub>. Crese que este orgánulo puido orixinarse a partir das [[mitocondria]]s.
 
Os hidroxenosomas teñen aproximadamente 1 μm de diámetro. Igual que as mitocondrias están limitados por membranas dobres, e a membrana interna presenta algunhas proxeccións de tipo crista. Os hidroxenosomas derivaron das mitocondrias pola perda de características mitocondriais básicas, a máis salientable das cales é a perda do seu [[xenoma]], pero carecen tamén de [[ciclo de Krebs]] ou [[cadea respiratoria]]. Non se atopan xenomas nos hidroxenosomas do fungo ''[[Neocallimastix]]'', nin nos protozoos ''[[Trichomonas vaginalis]]'' e ''[[Trichomonas foetus]]'',<ref>van der Giezen et al, "Mitochondrion-derived organelles in protists and fungi", ''Int Rev Cytol'' 2005, 244:175-225.</ref> aínda que si se atoparon no [[Ciliophora|ciliado]] ''[[Nyctotherus ovalis]]''.<ref name=autogenerated1>Akhmanova et al, ''Nature'' 1998 396:527.</ref>
Liña 10:
Os hidroxenosomas foron descubertos a principios da década de 1970 por Lindmark e Müller<ref>Lindmark D G & Müller M, "Hydrogenosome, a cytoplasmic organelle of the anaerobic flagellate ''Tritrichomonas foetus'', and its role in pyruvate metabolism" ''J Biol Chem'' 1973 248:7724−7728.</ref> en EE.UU. e por Kulda en Praga.
 
As reaccións encimaticas dos hidroxenosomas mellor estudadas son as descubertas en traballos con ''Trichomonas'', organismos que oxidan [[piruvato]] producindo [[hidróxeno]] molecular, [[acetato]], [[dióxido de carbono|CO<sub>2</sub>]] e [[Adenosín trifosfato|ATP]] pola acción combinada dos [[encima]]s [[piruvato:ferredoxina oxidorredutase]], [[hidroxenase]], [[acetato:succinato CoA transferase]] e [[succinato tioquinase]]. Tamén se localizaron os encimas [[superóxido dismutase]], [[malato deshidroxenase]] (descarboxilante), [[ferredoxina]], [[adenilato quinase]] e [[NADH:ferredoxina oxidorredutase]].