Lingua estándar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Páxina de homónimos resolta polo bot: cambiou unha ou varias ligazóns cara a radio (medio de comunicación) na páxina "Radio"
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 57:
 
== Variedades estándares das linguas modernas ==
O [[lingua italiana|italiano estándar]] deriva da variante xeográfica usada en [[Florencia - Firenze|Florencia]] e non do [[Roma|dialecto romano]]. O [[lingua alemá|alemán estándar]] non se basea nunha cidade ou rexión específicas senón que foi desenvolvido nun proceso que durou varios centos de anos, durante o cal os escritores intentaron expresarse de forma tal de ser comprendidos nunha área o máis extensa posible. Ata comezos do [[século XIX]] o alemán estándar era un idioma exclusivamente escrito, aprendido case coma un idioma estranxeiro polos habitantes do norte do país, cuxos dialectos eran moi diferentes. O resultado foi que estes falantes intentaron pronunciar o alemán estándar seguindo coidadosamente a ortografía; esta forma da fala estendeuse máis tarde cara ao sur.
 
Outras linguas estándar presentan menos complicacións. No [[lingua inglesa|inglés]] [[Gran Bretaña|británico]], a pronunciación estándar (''Received Pronunciation'') baséase no [[sociolecto]] dos internados privados. Nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], o estándar aproxímase aos dialectos do norte do Medio Oeste.