Adriano Correia de Oliveira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 3:
== Historia ==
 
''Adriano Maria Correia Gomes de Oliveira'' naceu en [[Avintes]], o [[9 de Abril]] de [[1942]], no seo dunha familia tradicionalista [[Catolicismo|católica]]. Estudou os cursos de formación media no [[Porto, Portugal|Porto]]. En Avintes iniciouse no teatro amateur e foi cofundador da Unión Académica de Avintes. No [[1959]] marchou a [[Coimbra]], onde estudou Dereito, formando parte da Real Repúbica Ras-Teparta. Foi solista no [[Orfeón Académico de Coimbra]] e formou parte do Grupo Universitario de Danzas e Cantares e do Círculo de Iniciación Teatral da Académica de Coimbra. Tocou a guitarra no Conxunto Lixeiro da Tuna Académica. No ano seguinte editou o primeiro [[EP]] acompañado por [[António Portugal]] e [[Rui Pato]]. No [[1963]] saiu o primeiro [[disco de vinilo]] "Fados de Coimbra" que contiña ''[[Trova do vento que passa]]'', unha balada fundamental da súa carreira, baseada nun poema de [[Manuel Alegre]], debido ás súas referencias á resistencia contra o [[Estado Novo|réxime salazarista]], converteuse no himno do movemento estudantil.
 
Alén diso, Adriano Correia de Oliveira convértense en militante do [[Partido Comunista Portugués]] no inicio da década dos 60. No ano [[1962]], participou nas folgas académicas e concorreu ás eleccións da Associación Académica, através da lista do [[Movemento de Unidade Democrática]] (MUD).