Dó (música): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
Da portuguesa
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 5 de novembro de 2006 ás 14:03

é o nome dunha nota musical. En xeral considérase que o Dó é a primeira nota musical, pois é a nota base da escala diatónica de Dó maior, a única que non posúe accidentes e portanto é considerada a base do sistema tonal.

Nome

O nome orixinal desta nota era Ut en referencia ao primeiro verso do hino religioso Ut queant laxis, usado por Guido d'Arezzo para nomear todas as notas musicais. O nome da nota Ut mudou posteriormente para Dó para facilitar a pronuncia.

Antes da adopción do solfexo, as notas chamábanse por letras. A nota Dó corresponde á nota C. En diversas linguas este nome ainda se usa.

Altura

A expresión Dó central refírese á nota Dó que fica exactamente no medio do teclado de 88 notas dun piano. Esta nota, usada como referencia de altura para a extensión da maioría dos instrumentos musicais é o Dó na carta oitava (Dó4. Ás veces chamada Dó3 cando se considera que a primeira oitava é a 0). A súa frecuencia é de aproximadamente 261.6 Hz.

 
Posición do Dó central nun teclado de 88 teclas

Notación

Pola orde da partitura abaixo, na clave de Sol, o Dó central represéntase na primeira liña suplementar inferior. Na clave de Dó, pode estar na terceira ou na carta liñas da pauta. Na clave de Fa represéntase na primeira liña suplementar superior.

 
Dó central en varias claves