Calisto III, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: lt:Kalikstas III
Liña 11:
Logo de estudar leis en [[Zaragoza]] foi profesor de Dereito na [[universidade de Lleida]], onde chamou a atención do [[antipapa]] [[Bieito XIII, antipapa|Bieito XIII]], que o atraeu á súa causa no enfrontamento que o[[Cisma de Occidente]] provocara na Igrexa. O seu apoio ao antipapa convirteuno tamén en protexido do valenciano [[San Vicente Ferrer|Vicente Ferrer]], e valeulle ser nomeado canónigo da [[catedral de Lleida]] e entrar ao servizo de [[Afonso V de Aragón]] como xurista e diplomático.
 
Trala morte de Bieito XIII en [[1423]], tres dos seus cardeais reuníronse en [[cónclaveconclave]] e elixiron como sucesor a [[Clemente VIII, antipapa|Clemente VIII]] que instalou a súa sé en [[Peñíscola]].
 
En [[1429]] Afonso V, que apoiara a Bieito XIII, deseoso dun achegamento a [[Roma]], enviou a Alonso de Borja como legado a Peñíscola coa misión de lograr que o antipapa Clemente VIII renunciase e se sometese ao papa [[Martiño V]]. O éxito da súa negociación, que supuxo a fin do cisma que dividira a Igrexa desde 1378, supúxolle a Alonso o nomeamento como bispo de [[València]]. Nesta cidade permaneceu tres anos, marchando en [[1432]] para acompañar a Afonso V como vicechanceler e conselleiro real na campaña que remataría en [[1442]] coa conquista do [[reino de Nápoles]].
Liña 29:
 
Segundo unha versión coñecida por vez primeira nunha biografía póstuma, embelecida e popularizada no século XVIII polo matemático francés [[Pierre-Simon Laplace]], Calisto III [[excomunión|excomulgou]] ao [[cometa Halley]] en [[1456]], con ocasión da súa aparición sobre Europa, debido á tradicional crenza nos [[cometa]]s como símbolo de mal agoiro, en particular naquela época contra os defensores cristiáns da cidade de [[Belgrado]], sitiada polos otománs. Con todo, esta versión carece de sustento histórico firme. A bula de Calisto III do 29 de xuño de [[1456]], onde solicita as oracións dos fieis para o triúnfo da cruzada, nin sequera menciona o cometa. O 6 de agosto de [[1456]], cando o sitio da cidade foi roto polos defensores, facía varias semanas que o cometa deixara de ser visible.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===