Traquea (vertebrados): Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 5:
==A traquea humana==
A traquea humana é un órgano tubular que ten de 10 a 16 cm de lonxitude e uns 25 mm de diámetro interno. Comeza no bordo inferior
A traquea está reforzada por de 15 a 20 aneis cartilaxinosos duros, que impiden o seu colapso. Estes aneis son incompletos, xa que teñen forma de C, coa parte incompleta na zona posterior, o que facilita o paso do alimento polo esófago, e presenta unha parede membranosa dorsal (''pars membranacea'') sen cartilaxe. O músculo traqueal conecta os estremos dos aneis incompletos e contráese ao [[tusir]], reducindo o diámetro do tubo e incrementando o grao de fluxo de aire. Na súa parte máis interna está tapizada por un epitelio ciliado cuberto de moco, que elimina as partículas estrañas de pequeno tamaño que son inhaladas. A [[epíglote]] tapa a [[larinxe]] ao tragar para que non entre alimento ou bebida na traquea.
|