Bill Walton: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 44:
 
=== Universidade ===
Walton xogou os seus anos universitarios, entre [[1972]] e [[1974]], cos [[UCLA Bruins|Bruins]] da prestixiosa [[Universidade de California]] en [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]] ([[UCLA Bruins|UCLA]]), dirixida naquel momento por [[John Wooden]]. Conseguiu o título nacional ao derrotar a [[Florida State University|Florida State]] en [[1972]] e de novo en [[1973]] ao derrotar a [[Memphis Tigers|Memphis State]] por 87-76, nunha final na cal Walton conseguiu un impresionante 21 de 22 lanzamentos a canastra anotados, logrando 44 puntos.<ref>[http://statsheet.com/mcb/news/2008-04-05_uclas-bill-walton-burned-memphis-for-44-points-in-1973-national-title UCLA's Bill Walton burned Memphis for 44 points in 1973 national title game]</ref>
 
O equipo de UCLA da tempada [[1971]]-[[1972|72]], liderado por Walton, foi capaz de terminar o ano de forma perfecta, gañando os trinta partidos que disputaron na fase regular, ademais cunha marxe de puntos superior aos 30. Este feito repetiríase ao ano seguinte, logrando o record de máis partidos gañados consecutivamente por un equipo universitario, con 88.<ref>[http://www.sportingnews.com/archives/sports2000/numbers/139123.html 88 consecutive wins]</ref> Casualmente, exceptuando a derrota sufrida ante [[Notre Dáme Fighting Irish|Notre Dáme]] o [[19 de xaneiro]] de [[1974]],<ref>[http://www.mmbolding.com/basketball/nducla74.htm Notre Dáme ends UCLA's 88 game winning streak in college basketball, January 19, 1974]</ref> os ''Bruins'' lograron 133 vitorias consecutivas, xa que previamente á chegada de Walton ao equipo, conseguiron, liderados por [[Sidney Wicks]], encarrilar 45 vitorias consecutivas. Pero os ''Fighting Irish'', cun gran [[Austin Carr]], evitaron que o record fose máis impresionante. Walton sempre lembraría aquela derrota como a máis dolorosa da súa carreira deportiva.<ref>[http://sports.espn.go.com/espn/eticket/story?page=perfectpats All Too Perfect]</ref> En [[1973]] recibiu o premio James E. Sullivan ao mellor deportista amateur dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. Ese mesmo ano foi galardoado tamén co Premio Naismith ao mellor xogador universitario do ano.