Ence: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-| páxina web +| páxina_web)
Sen resumo de edición
Liña 16:
'''ENCE S.A.''' (''Empresa Nacional de Celulosas de España'') é un grupo empresarial forestal [[España|español]] que se dedica á transformación de [[madeira]]s, sendo o primeiro propietario de [[bosque]]s madeirables de [[eucalipto]]s en [[Europa]] e segundo produtor mundial de [[pasta de celulosa]] desta [[árbore]].
 
Posúe tres plantas productoras de pasta de [[celulosa]] en [[España]], a máis antiga delas na parroquia de [[Lourizán, Pontevedra|Lourizán]]<ref>[http://www.concellopontevedra.es/pub/documentos/documentos_memoria_orzamento_07_c4e53f15.pdf Orzamento do Concello de Pontevedra para 2007]</ref>, no concello de [[Pontevedra]], fundada no ano [[1957]], e que arrastra numerosas denuncias por delito ecolóxico por verquidos incontrolados á [[ría de Pontevedra]].{{cómpre referencia}} Por este motivo a [[Asociación Pola Defensa da Ría]] e boa parte da veciñanza da comarca se mostran a favor do peche da planta ou do seu traslado.
 
As outras dúas plantas son de construción máis recente, e atópanse na cidade andaluza de [[Huelva]] e na asturiana de [[Navia]]. En conxunto, a súa produción anual é da orde do millón de toneladas anuais de pasta de celulosa, xerando 1.245.000 MW de enerxía eléctrica ao ano.{{cómpre referencia}} Esta enerxía eléctrica procede da combustión da biomasa, non de combustibles fósiles, e é, xa que logo, de orixe renovable.
 
A posiblidade da instalación dunha nova planta de produción de celulosa na marxe oriental do [[río Uruguai]], nas proximidades das cidades de [[Frei Bentos]] no Uruguai e [[Gualeguaychú]] na [[Arxentina]], xunto cunha similar da [[Finlandia|finlandesa]] [[Botnia]], foron as causas do [[Conflito entre Arxentina e Uruguai por plantas de celulosa|conflito diplomático]] que se desenvolve entre os gobernos de [[Arxentina]] e [[Uruguai]].{{cómpre referencia}} Con todo, a empresa xa anunciou a relocalización da planta de celulosa na localidade de [[Conchillas]], próxima ás cidades de [[Nova Palmira]] e [[Colonia do Sacramento]], coa aprobación do goberno arxentino. Ambos proxectos dispoñían das mellores tecnoloxías dispoñibles segundo IPPC-BREF da Unión Europea, a diferenza das plantas actualmente en funcionamento en Arxentina, de tecnoloxía obsoleta e usando algunhas delas cloro para branquear.
 
Con todo, mais alá da tecnoloxía de punta implementada por ambas papeleiras, na Unión Europea estas empresas non cumpren cos estándares de seguridade establecidos pola unión. Ademais cómpre destacar que entre a Arxentina e o Uruguai asinouse un tratado de preservación do medioambiente sobre o río Uguguai.