Piñor: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de Política Galega (conversa); cambiado á última versión feita por Xas |
|||
Liña 74:
O autor [[Miguel Romaní]] fala da historia no concello durante a Idade Media nas obras ''Colección diplomática do Mosteiro de Oseira'' e ''Catálogo del archivo Monacal de Osera en 1629''. Daquela a configuración parroquial era algo diferente (aínda non existían as de Torcela e Barrán), e xa aparecen mencionadas as pontes de Mirela e Arenteiro.
Na obra ''Los caminos medievales de Galicia'', [[Elisa Ferreira Priegue]] menciona que había varios camiños atravesando a zona, o máis importante deles o que unía Ourense e Santiago de Compostela, que pasaba por Cudeiro, Tamallancos, Ponte Sobreira, Sobreira, Faramontaos, Viduedo, Casas Novas, Cea,
O [[mosteiro de Oseira]] adquiriu terras e propiedades nas parroquias de Piñor moitas mediante doazóns e compras, que eran aforadas a cambio dunha renda. Para recoller estas rendas, e asegurarse de que as terras fosen ben traballadas, o mosteiro contaba, segundo o Rotello Vello, un tumbo de século XIV, cunha serie de mordomos distribuídos polas parroquias. O produto máis cultivado era o [[centeo]]. Na parroquia de Loeda impulsouse o cultivo da [[vide]].
|