Determinación do sexo ZW: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1:
A '''determinación do sexo ZW''' é un sistema de determinación do sexo dependente da presenza nas células do individuo dos cromosomas Z e W, de tal modo, que os individuos ZZ son machos e os ZW son femias. Este sistema é utilizado principalmente polas [[ave]]s, e tamén se dá nalgúns [[peixe]]s, [[crustáceo]]s como o cangrexo de río xigante ''[[Macrobrachium rosenbergii]]'', algúns [[insecto]]s (fundamentalmente [[bolboreta]]s diúrnas e nocturnas) e algúns [[réptil]]es, entre os que está o [[dragón de Komodo]]. O sistema ZW é un sistema cromosómico de determinación do sexo igual ca o XY ou o X0, pero ten bastantes diferenzas con estes. No sistema ZW é o [[óvulo]] o que determina o sexo da descendencia (no XY todo depende de se o [[espermatozoide]] leva o [[cromosoma X]] ou o [[cromosoma Y|Y]], e no sistema X0 tamén depende de se o espermatozoide leva X ou non), polo que as denominacións dos cromosomas como Z e W serven para distinguir este sistema do XY. Outra diferenza co sistema XY é que os machos son o sexo homogamético ZZ (con cromosomas sexuais iguais), e as femias son o sexo heterogamético ZW. O cromosoma Z é máis grande e ten máis xenes ca o W.
Os cromosomas Z e W das aves non comparten xenes cos cromosomas X e Y
Non se sabe se a presenza do cromosoma W induce características de femia ou se é a duplicación do cromosoma Z a que induce características de macho. A diferenza do que ocorre nos mamíferos, non se descubriu ningunha ave con dous cromosomas W (ZWW) ou un só cromosoma Z (Z0). É posible que estas dúas condicións causen a morte do [[embrión]], ou que ambos os cromosomas interveñan na selección sexual. <ref>{{cite journal |author=Smith CA, Roeszler KN, Hudson QJ, Sinclair AH |title=Avian sex determination: what, when and where? |journal=Cytogenet. Genome Res. |volume=117 |issue=1-4 |pages=165–73 |year=2007 |pmid=17675857 |doi=10.1159/000103177}}</ref>
|