Maioriano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
Calq (conversa | contribucións)
Liña 15:
Pero a chegada de [[Avito]] a Roma, e o comportamento da garda persoal, fai que a popularidade do Emperador baixe tanto, que o pobo de Roma se rebela. Esta rebelión fai que ''' Maioriano''' e [[Ricimero]] se rebelen tamén e atopan o emperador no camiño de saida de Roma. Ínstano a abdicar e deixar as suas funcións, cousa que [[Avito]] acepta, xa que o seu exército abandonárao en [[Piazenza]] e [[Ravena]].
 
Coa deposición de [[Avito]], o trono estaba baleiro, e tentan que o emperador de oriente nomee un novo emperador. Non obstante, o emperador [[Marciano]] morrera, probablemente sen coñecer a sorte de [[Avito]] e é nomeado [[León]], quen nun principio non fai nada por resolver a situación; pero [[Ricimero]] é nomeado ''Patricius et Magister Militum'' e '''Maioriano''' como ''Magister Militum''. Porén, os alamanes atacan e invaden dende Raetia o norte de Italia, chegando deica o Lago Maior. '''Maioriano''' envia unha forza contra eles, e consegue eliminar o perigo. Á súa volta, a uns cinco quilómetros de [[Ravena]], o exército no lugar da ''Pequenas Columnas'', nomea a Maioriano emperador por aclamación. Ainda que o seu recoñecemento por parte de [[León I]] dende o imperio Oriental ainda tardou case tres meses en ser aceptado, xa dende finais do [[456]] escomenza a tomar decisións para trocar as cousas no imperio.
 
== A súa política ==