Maquis (guerrilla antifranquista): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Xián (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
O período de máximo apoxeo guerrilleiro foi o comprendido entre [[1945]] e [[1947]]. A partir deste ano intensificouse a represión franquista, que pouco a pouco foi terminando coas partidas ou grupos. Moitos dos seus integrantes morreron ou foron detidos (o que en moitos casos supuxo a morte), outros escaparon a [[Francia]] ou [[Marrocos]]. En [[1952]] procedese á evacuación dos últimos continxentes de importancia. Desde ese ano, os que aínda resistían no monte, negándose a elixir entre o [[exilio]] ou a morte, loitan xa case exclusivamente pola supervivencia. O final do maquis márcano as mortes de [[Ramón Vila]] en [[1963]] e de [[Xosé Castro Veiga|Xosé Castro]] en [[1965]].
 
==Guerrillas anti-franquistasantifranquistas en Galicia==
[[ficheiro:Taramundi1 lou.jpg|thumb|200px|As montañas asturianas, un dos escenarios de actuación da Federación de Guerrillas de León-Galicia]]
As guerrillas organizadas que actuaron en Galicia foron a [[Federación de Guerrillas de León-Galicia]] e o [[Exército Guerrilleiro de Galicia]]. Arredor de mil persoas realizaron unha resistencia armada nos montes contra o fascismo, e unha grande parte delas fixeron parte destas guerrillas ou tiveron algún tipo de contacto con estas estruturas. Máis de nove mil persoas foron presas ou sancionadas por colaboración ou sospeitas de manteren relacións coa guerrilla durante o conflito civil, e despois na posguerra até o ano [[1967]] coa retirada do [[último guerrilleiro]] a Francia.