Richard Stallman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: GNU (sistema operativo)
Liña 7:
Stallman licenciouse en [[Física]] pola [[Universidade Harvard]] en [[1974]]. Durante a carreira traballou no Laboratorio de Intelixencia Artificial do [[Massachusetts Institute of Technology]] (MIT), onde aprendeu a deseñar sistemas operativos. Escribiu o primeiro editor de textos extensíbel [[Emacs]] en [[1975]] e contribuíu para a investigación en [[intelixencia artificial]].
 
En xaneiro de [[1984]] deixou o MIT, e farto do que el consideraba un abuso por parte da industria do software, anunciou a varios grupos de [[Usenet]] a súa intención de crear un sistema operativo completamente libre. De seguida publicou o Manifesto GNU, e creou a Free Software Fundation (“Fundación Software Libre” en [[Lingua inglesa|inglés]]) para a coordinación dos esforzos para a creación do [[GNU (sistema operativo) |sistema operativo libre [[GNU]].
 
Dende [[1991]], ano no que recibiu o premio ''Grace Hopper Award'' que entrega a ''Association for Computing Machinery'' por Emacs, foi nomeado doutor honorario de varias universidades de todo o mundo e recibiu numerosos premios. É o autor, ademais, da licenza [[GPL|Licenza Xeral GNU]] e dende mediados da década de 1990 lidera de forma activa o movemento polo software libre, tanto no desenvolvemento de aplicacións coma na divulgación dos ideais en que se basea o movemento.