Berebistas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elvire (conversa | contribucións)
Liña 1:
[[Imaxe:Dacia 82 BC.png|thumb|right|200px|O reino dacio na época de Berebistas]]
'''Berebistas''' (tamén como '''Birebistas''' ou '''Burebistas''') foi un rei [[tribos tracias|dacio]], que levantou un extenso e breve imperio nas terras do [[Danubio]] entre os anos [[-60 |a. C.| 60]] e [[-44 a. C.|44 a. C.]] Para iso contou coa axuda de [[Deceneo]], o seu sacerdote, quen seguramente impuxo unha reforma relixiosa e moral no seu reino que lle levou a arrincar os viñedos.
 
Unificou á poboación [[tracios|tracia]] dende o río Hercinica (o actual [[río Morava|Morava]]) ao oeste, até o [[Bug]] no leste, e dende os [[Montes Cárpatos|Cárpatos]] setentrionais até [[Dionisópole]], elixindo a súa capital (chamada [[Argedava]] ou [[Sargedava]]) preto de [[Costesti|Costeşti]], actualmente ao suroeste de [[Romanía]], nos outeiros [[montes Orastia|Orăştie]], onde se erixiron as [[fortalezas dacias das montañas Orastia]].
 
== Campañas militares ==
Polo oeste atacou aos [[tribos tracias|escordiscos]] ([[-56 a. C.|56]] - [[-50 a. C.|50 a. C.]]), quen se converteron nos seus [[mercenario]]s. Aniquilou aos [[boios]] e [[taurisco]]s (circa 45 a. C.), mentres que polo leste, con axuda dos [[bastarnos]] como aliados, someteu e impuxo un protectorado ás cidades gregas do [[Ponto Euxino]], dende [[Apolonia]] (Sozopol) até [[Olbia (Mar Negro)|Olbia]], e espallou o seu poder até [[Tracia]]. Desta forma, logrou espallar o seu reino até o Danubio e o Morava.
 
Proba do seu poder é o feito de que [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]] buscase a súa alianza no [[-48 a. C.|48 a. C.]] durante a Guerra Civil contra [[Xulio César]], quen tamén se decatou da ameaza que supuña. Por iso é polo que planease emprender unha campaña contra Berebistas no [[-44 a. C.|44 a. C.]], aínda que non se materializou debido ao seu asasinato, así como o de Berebistas, que debeu suceder polas mesmas datas, ficando o reino dividido. Non obstante o "problema xeta/dacio" aínda pervivía na época de [[César Augusto|Augusto]].
 
== Véxase tamén ==
Liña 13:
*[[Guerras Dacias]]
 
[[Categoría:Historia de Romanía]]
{{Sencat}}
[[Categoría:Historia de Moldavia]]
[[Categoría:Monarcas]]
 
[[bg:Буребиста]]