Xene: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 28:
Cada ser humano ten aproximadamente 30.000 xenes que determinan o crecemento, o desenvolvemento e o funcionamento dos nosos sistemas físicos e bioquímicos. Normalmente, os xenes atópanse distribuídos en 46 cromosomas (23 pares) dentro das nosas células.
 
Os pares do 1 ao 22 son iguais en homes e mulleres e coñécense como ''autosomas''. O par número 23 está composto polos cromosomas que determinan o sexo. As mulleres teñen dous cromosomas '''X''' e os homes un [[cromosoma X|cromosoma '''X''']] e un [[cromosoma Y|cromosoma '''Y''']].
 
O xene é considerado como a unidade de almacenamiento de información e unidade de [[herdanza]] ao transmitir esa información á [[descendencia]]. Os xenes dispóñense, pois, ao longo de cada un dos cromosomas. Cada un ocupa no cromosoma unha posición determinada chamada ''locus''. O conxunto de cromosomas dunha especie denomínase ''xenoma''.