Aparato xustaglomerular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 23:
As células da mácula densa detectan a concentración de [[NaCl]] no filtrado do túbulo contorneado distal e segregan un composto localmente activo (actividade [[parácrino|parácrina]]) con propiedades [[vasoconstrición|vasoconstritoras]], que actúa sobre a arteriola aferente adxacente para reducir a taxa de filtración glomerular (GFR), o que constitúe unha parte do sistema de retroalimentación túbuloglomerular.
 
En concreto, unha filtración excesiva no glomérulo ou unha absorción inadecuada de [[sodio]] no túbulo contorneado proximal ou na asa ascendente de Henle producen un filtrado no túbulo contorneado distal cunha concentración de sodio anormalmente alta. Os [[cotransportador Na-Cl|cotransportadores Na-Cl]] introducen sodio nas células da mácula densa, que non poden saír porque a [[bomba sodio-potasio|bomba Na<sup>+</sup>/K<sup>+</sup>]] non consegue eliminar o exceso de Na<sup>+</sup>. Como consecuencia, a [[osmolaridade]] das células aumenta, polo que entra auga e as células inchan. Neste momento, actívase no polo basolateral das células un canal aniónico non selectivo activado polo estiramiento se activa. O [[adenosín trifosfato|ATP]] sae por estes canais e é transformado en [[adenosina]]. A adenosina ten un efecto vasoconstritor sobre a arteriola aferente adxacente, por medio dos receptores A1, e (en menor grao) un efecto vasodilatador das arteriolas eferentes a través dos receptores A2. Isto produce unha redución da perfusión do glomérulo, e, por tanto, unha redución da GFR, e a liberación de renina.
 
Un descenso na GFR implica menos solutos na luz tubular: menos NaCl. Cando este filtrado chega á mácula densa, reabsórbese menos NaCl. Cando as células da mácula densa detectan menos NaCl, activan a [[óxido nítrico sintase]] (NOS). A óxido nítrico sintase sintetiza [[óxido nítrico|NO]], que ten un efecto vasodilatador sobre as arteriolas.