Puertollano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Castela - Castilla
Liña 39:
Destes tempos atópanse as necrópoles visigodas da Loma das Sepulturas. Tamén os importantes castelos rurais andalusís nos cerros que circundan o val do río. Durante esta época Puertollano estaba na fronteira dos reinos musulmáns e cristiáns en continuas loitas, polo que a zona estaba moi despoboada; este relativo despoboamento cambiou por mor da vitoria das tropas cristiás sobre as musulmás na Batalla de Navas de Tolosa, en [[1212]]. A partir de entón, todo indícanos que a comarca gozaba de tranquilidade e empezou a poboarse, e é nesa época cando tivo lugar a fundación de Puertollano.
 
O nacemento de Puertollano está ligado ao proceso repoblador de [[Castela - Castilla|Castela]] no [[século XIII]] e aparece citado por primeira vez na Concordia de 1245 coa denominación de "Puertoplano". Desde o establecemento das ordes militares postemplarias hai constancia escrita da existencia da cidade, co rango de aldea.
 
No [[século XIV]] a poboación de Puertollano dedícase á [[agricultura]] e a [[gandaría]]. Esta etapa de bonanza vese enturbada en 1348 pola aparición da peste negra, que arrasou a toda [[Europa]], e que foi especialmente nefasta para Puertollano.