Filippo Brunelleschi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: io:Filippo Brunelleschi
m →‎Traxectoria: Florencia - Firenze
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Participou no concurso que se realizou en 1401 para elixir a segunda porta de bronce do baptisterio de [[Florencia - Firenze|Florencia]], realizando unha composición no relevo que demostraba unha preocupación polo transfondo humano da obra representada. Negouse a colaborar con [[Lorenzo Ghiberti]], os dous foran gañadores ex-aequo, na realización conxunta da porta e marchou cara [[Roma]] e co seu amigo [[Donatello]] entrou en contacto cos monumentos antigos que virou cara a arquitectura.
 
De volta a Florencia realizou a súa primeira grande obra, a cúpula da catedral de Florencia o que lle supuxo a resolución de complexos problemas técnicos e se converteu nun símbolo da primacía da cidade e o seu entronque histórico coa [[antiga Roma]]. No Hospicio florentino, obra de [[1419]], Brunelleschi domina xa as proporcións o que caracterizara a súa obra fronte a infinitude gótica. Na capella Pazzi acada un punto culminante no ritmo medido e contrastado dos elementos arquitectónicos resaltados en pedra gris sobre o muro branco. Brunelleschi foi o que estableceu os novos canóns clásicos de ritmos sereos, xeometría clara e simetría, nese novo canon vai ter unha importancia fundamental o seu descubrimento dos principios da perspectiva, isto é o modo de representar o espazo de tres dimensións sobre unha superficie plana dende un só punto de vista.