Calmodulina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 19:
== Modo de acción ==
Cando a concentración de ión Ca<sup>+2</sup> aumenta a 1 µM, a unión do Ca<sup>+2</sup> á calmodulina provoca un cambio de conformación na proteína. Pode unirse a 4 ións calcio. A unión dos catro ións de calcio inducirá distintos cambios alostéricos na proteína, principalmente a rotación dos dous dominios globulares. Como consecuencia deste cambio conformacional despois da unión do calcio quedan expostos grupos [[metilo]] [[hidrófobo]]s pertencentes a residuos de [[metionina]]. Isto implicará que se formen certas superficies hidrófobas que podan unirse a hélices alfa [[anfipático|anfipáticas]] da proteína diana xa que estas hélices conteñen algunhas rexións hidrófobas complementarias. A flexibilidade da molécula permítelle á calmodulina unirse a moi diversas [[proteínas]] e desta maneira controle a súa actividade.
 
== Fármacos ==
Existen [[fármaco]]s que actúan como inhibidores da calmodulina e deste modo poden ser usados como [[analxésico]]s, pero que presentan tamén efectos secundarios.
Recentemente, descubriuse que aqueles fármacos que poden bloquear a entrada de calcio nas neuronas espiñais son os máis efectivos. Para conseguir isto, inhiben a actividade da calmodulina, facendo que a capacidade de unirse con 4 ións calcio da proteína quede inutilizado.
 
== Notas ==