Xosemaría Escrivá de Balaguer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo e alfabetizo cat.
Liña 21:
 
== Traxectoria ==
===Primeiros Infancia anos===
Xosemaría Escrivá de Balaguer naceu en 1902 en Barbastro, no seo dunha familia profundamente [[cristianismo|cristiá]], fillo de José Escrivá e Dolores Albás. O seu pai era comerciante de tecidos e posuía así mesmo unha pequena chocolatería.<ref>http://www.opusdei.es/</ref>
 
En [[1915]] quebrou o negocio do pai, comerciante de texidos, e a familia houbo de trasladarse a [[Logroño]], onde o pai comezou outro traballo. Nesa cidade, Xosemaría, despois de ver unhas pegadas na neve dos pes descalzos dun religioso, intúe que Deus desexa algo del, aínda que non sabe exactamente que é. Pensa que poderá descubrilo máis doadamente se se fai sacerdote, e comeza a prepararse primeiro en Logroño e máis tarde no seminario de [[Zaragoza]].
Estudou entre os 4 e os seis anos no Colexio das Fillas da Caridade, e a partir dos seis no Colexio dos Escolapios. En 1910 morreu a súa irmá Rosario, de nove meses. Dous anos máis tarde morreu Lolita (de 5 anos) e ó ano seguinte faleceu a súa irmá Asunción (de 8 anos). Recibiu a primeira comuñón o 23 de abril de 1912, e en 2º de Bacharelato foi un dos mellores estudantes do Colexio dos Escolapios{{cómpre referencia}}. Afirmaba entón a súa vontade de ser [[Arquitectura|arquitecto]].
 
Seguindo o consello de seu pai, na [[Universidade de Zaragoza]] estuda tamén a carreira civil de [[Dereito]] como alumno libre. D. José Escrivá finou en [[1924]] e Xosemaría queda como cabeza de familia. Recibe a ordenación sacerdotal o [[28 de marzo]] de [[1925]] e comeza a exercer primeiro nunha parroquia rural e logo en [[Zaragoza]].<ref>http://www.ideasrapidas.org/escrivabalaguer.htm</ref>
=== Sacerdocio e canonización ===
 
Foi ordeado sacerdote en [[Zaragoza]] o [[28 de marzo]] de [[1925]]. Fundou o [[Opus Dei]] o [[2 de outubro]] de [[1928]]. Canonizado por [[Xoán Paulo II]] o [[6 de outubro]] do [[2002]]. A súa festa celébrase o [[26 de xuño]]. A súa obra fundamental é ''[[Camiño (libro)|Camiño]]'', editada en galego en marzo de [[1968]].
En [[1927]] trasládase a [[Madrid]] con permiso do seu bispo para obter o doctorado en Dereito. En Madrid, o [[2 de outubro]] de [[1928]] funda o Opus Dei. Dende aquel día traballa con todas as súas forzas no desenrolo da fundación ao tempo que continúa co ministerio pastoral que ten encomendado, e que lle pon en contacto coa enfermidade e a pobreza en hospitais e en barriadas populares de Madrid.
 
===Guerra Civil===
Cando estoupa a [[Guerra Civil Española]], en [[1936]], Xosemaría Escrivá atópase en Madrid. A persecución religiosa obrígalle a refuxiarse en diferentes lugares. Exerce o seu ministerio sacerdotal clandestinamente, ata que da saído de Madrid. Despois dunha travesía polos [[Pirineos]] ata o sur de [[Francia]], trasládase a [[Burgos]].
 
Cando remata a Guerra Civil, en [[1939]], volve a Madrid. Nos anos seguintes dirixe numerosos exercicios espirituais para laicos, para cregos e para relixiosos. No mesmo ano 1939 remata os seus estudos de doutoramento en Dereito.
 
=== Despois da Guerra ===
En [[1946]] fixa a súa residencia en [[Roma]]. Obtén o doutoramento en Teoloxía pola [[Universidade Lateranense]]. É nomeado consultor de dúas Congregacións Vaticás, membro honorario da Pontificia Academia de Teoloxía e prelado de honra da Súa Santidade. Segue con atención os preparativos e as sesións do [[Concilio Vaticano II]] (1962-1965), e mantén un trato intenso con moitos dos pais conciliares.
 
Dende Roma viaxa en numerosas ocasións a distintos lugares de [[Europa]] para dar pulo ao establecemento e consolidación do traballo apostólico do Opus Dei. Co mesmo obxecto, entre 1970 e 1975 fai longas viaxes a México, á Península Ibérica, América do Sur e Guatemala onde, ademais, ten reunións de catequese con grupos numerosos de homes e mulleres.
 
Falece en [[Roma]] o [[26 de xuño]] de [[1975]]. Varios milleiros de persoas, entre elas numerosos bispos de distintos países -en conxunto, un tercio do episcopado mundial-, solicitan á [[Santa Sé]] a apertura da súa causa de canonización.
 
O [[17 de maio]] de [[1992]], [[Xoán Paulo II]] beatifica a Xosemaría Escrivá de Balaguer. Proclámao santo dez anos despois, o [[6 de octubro]] de [[2002]], na praza de San Pedro, en [[Roma]].
 
==No cine==