Pecado: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 15:
Na [[Igrexa Ortodoxa]] enfatízase a identificación do pecado cunha enfermidade do ser, unha escravitude que lle imposibilita a deificación que arela a súa esencia. Para teólogos ortodoxos como [[Olivier Clément]] ou [[Pavl Evdokimov]], dentro da tradición ascética oriental, o pecado aparece como dislocación divino-humana e humana, dos homes e entre os homes. Para eles o pecado aliena, separa e illa nunha soidade infernal, envelena as relacións humanas e ata o mesmo ambiente cósmico.
Para o [[protestantismo]] é o estado existencial por antonomasia do ser humano, incapaz por si mesmo de facer o ben, por estar toda obra boa envolta tamén pola concupiscencia.
As primeiras listas de pecados na literatura cristiá figuran nas cartas de [[Paulo de Tarso]] que mencionan a idolatría, os odios, as rencillas, as disensións, as divisións, os celos, as orxías, a fornicación, as discordias, a mentira, a murmuración, a avaricia...
|