Homosexualidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 70:
A visión que ten o [[cristianismo]] da homosexualidade é moi diversa. Algunhas igrexas cristiás son totalmente contrarias ás prácticas sexuais entre persoas do mesmo sexo porque ven nelas unha ofensa ao seu deus. Outras consideran que as relacións sexuais son expresión do amor e admítenas dentro da súa moral. Entre estas dúas posturas extremas hai moitos matices, tantos como interpretacións hai da mensaxe de [[Xesús de Nazareth]].
 
Actualmente a principal igrexa cristiá por volume de crentes é a [[Catolicismo|Católica Romana]]. A súa postura oficial no referente á práctica homosexual está expresada no [[Catecismo]], que afirma que os actos homosexuais son contrarios á lei moral natural e non poden ser aprobados en ningún caso. Apréciase aquí a permanencia da [[Estoicismo|filosofía estoica]] na identificación entre sexualidade aceptable e [[Reprodución|procreación]]. O Catecismo afirma que as persoas homosexuais están chamadas á [[Abstinencia sexual|castidade]].<ref>{{Cita Web |url=http://www.vatican.va/archive/ESL0022/_INDEX.HTM |título=Catecismo de la Iglesia Católica |dataacceso=22/06/2010 |autor= |apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data= |ano= |mes= |formato=Htm |obra= |editor= |páxinas= |lingua= |doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}{{es}}</ref>
 
Outras igrexas cristiás non católicas non ven nas prácticas sexuais entre persoas do mesmo sexo unha violación do seu código moral. Dentro desta corrente integradora, a igrexa [[Cuáqueros|cuáquera]] [[Reino Unido|británica]] aprobou en xullo do [[2009]] a celebración de casamentos relixiosos entre persoas do mesmo sexo, e solicitou ao Goberno a súa validación civil.<ref>{{Cita Web |url=http://www.pinknews.co.uk/news/articles/2005-13507.html |título=Quakers agree to hold gay marriages |dataacceso=22/06/2010 |autor=GEEN, J. |apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data=31/07/2009 |ano= |mes= |formato=Html |obra= |editor=www.pinknews.co.uk |páxinas= |lingua= |doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}{{en}}</ref> En xeral, semella haber unha relación directa entre a maior apertura e o maior desenvolvemento económico e social. Tamén vese que aquelas igrexas máis favorables ao trato igualitario son as que levan feito máis avances tamén en materia de igualdade de xénero, como é o caso da [[Igrexa Episcopaliana]]<ref>{{Cita Web |url=http://www.pinknews.co.uk/2010/06/04/us-episcopal-leader-stands-firm-in-support-for-gay-bishops/ |título=US Episcopal leader stands firm in support for gay bishops |dataacceso=22/06/2010 |autor=GEEN, J. |apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data=04/06/2010 |ano= |mes= |formato= |obra= |editor=www.pinknews.co.uk |páxinas= |lingua= |doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}{{en}}</ref> ou da [[Igrexa Luterana Evanxélica de América]]<ref>{{Cita Web |url=http://www.huffingtonpost.com/rev-dr-cindi-love/the-lutheran-church-embra_b_543142.html |título=The Lutheran Church Embraces the LGBTQ Community! |dataacceso=22/06/2010 |autor=LOVE, C. |apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data=19/04/2010 |ano= |mes= |formato=Html |obra= |editor=www.huffingtonpost.com |páxinas= |lingua= |doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}{{en}}</ref>, que permiten o ordenamento de mulleres e de persoas abertamente homosexuais.
 
=== Islam ===
De forma análoga ao que acontece dentro das relixións cristiás, os textos sagrados do [[Islam]] non recollen explicitamente palabras de condena ás prácticas homosexuais. Porén, as pautas de vida que proporciona aos fieis non aproban tal tipo de prácticas. A pesar diso a estrutura non xerárquica da organización permite a existencia de grupos que, dentro dunha interpretación moderna do [[Corán]], pretenden acadar unha visión positiva da homosexualidade e reivindican unha igualdade de dereitos civís.<ref>{{Cita Web |url=http://www.queer.de/detail.php?article_id=12290 |título=Liberale Muslime setzen sich für Homo-Ehe ein |dataacceso=22/06/2010 |autor= |apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data=08/06/2010 |ano= |mes= |formato= |obra= |editor=www.queer.de |páxinas= |lingua= |doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}{{de}}</ref><ref>{{Cita Web |url=http://www.queer.de/detail.php?article_id=11700 |título=Artikel 3: Union und FDP blockieren |dataacceso=22/06/2010 |autor= |apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data=29/01/2010 |ano= |mes= |formato= |obra= |editor=www.queer.de |páxinas= |lingua= |doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}{{de}}</ref> Algúns autores afirman que o rexeitamento da homosexualidade provén dunha tradición patriarcal heterocéntrica que impón un determinado modelo de [[Familia (socioloxía)|familia]] como único estilo de vida aceptable, antes que dunha lectura crítica dos textos coránicos.<ref>{{Cita Web |url=http://entertainment.timesonline.co.uk/tol/arts_and_entertainment/books/article6689089.ece |título=Why can't Muslims be gay and proud? |dataacceso=22/06/2010 |autor=McALPINE, J. |apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data=12/07/2009 |ano= |mes= |formato= |obra= |editor=www.thetimes.co.uk |páxinas= |lingua= |doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}{{en}}</ref>
 
== Homosexualidade e sociedade ==
Liña 83:
O grado de aceptación das prácticas homosexuais nos diferentes grupos sociais é moi diverso e ten cambiado moito ao longo da [[historia]]. No noso ámbito cultural a heterosexualidade é un modelo de organización económica e social, un estilo de vida que se organiza a través do [[matrimonio]] [[Monogamia|monógamo]] entre home e muller con fins reprodutores e que converteu esta sexualidade en normativa. Este estado de cousas é o que se denomina ''heteronormatividade''.<ref name="Pichardo">{{cita libro| autor =PICHARDO GALÁN, J.I.| título =Entender la diversidad familiar. Relaciones homosexuales y nuevos modelos de familia| ano =2009| publicación =Bellaterra, Barcelona| id = ISBN 978-84-7290-459-0}}{{es}}</ref>
 
A meirande parte das sociedades humanas son heteronormativas. Nelas existen mecanismos sociais que canalizan a [[sexualidade]] da maior parte da súa poboación cara a [[heterosexualidade]], centrada no [[coito]] xenital [[pene]]-[[vaxina]]. En todas as sociedades heteronormativas existe unha presión social definida e específica contra o comportamento homosexual, con castigos que comezan a idades moi temperás e cuxo grado de intensidade pode ir dende unha lixeira sanción ata a [[morte]]. O modelo de organización social imperante nestas sociedades observa unha relación clara entre a función económica e social (división sexual do [[Traballo (socioloxía)|traballo]]), unha institución social (matrimonio heterosexual) e unha función biolóxica (sexualidade procreadora). Así, a familia convértese nunha das principais institucións sociais nas que se articula e xerarquiza a diferencia de idade e a diferencia de sexos.<ref name="Pichardo"/> Esta correspondencia íntima entre estrutura social de base familiar e orde social leva a [[Karl Marx|Marx]] e [[Friedrich Engels|Engels]] a afirmar que a familia plenamente desenvolvida só existe para a [[Burguesía|clase burguesa]].<ref>{{cita libro| autor =MARX, K.; ENGELS, F.| título =Manifiesto comunista| ano =2002| publicación =Editorial El Viejo Topo| id = ISBN 84-95776-33-2}}{{es}}</ref>
 
O movemento [[Feminismo|feminista]] e a xeneralización do uso dos [[anticonceptivo]]s contribuíron a desertar a concepción da parella reprodutora como célula básica do ordenamento social e a debilitar a rixidez dos roles de xénero xustificadores deste ordenamento.
Liña 108:
! Etapa !! Características
|-
| Confusión da identidade || Iníciase cando o individuo identifica [[sentimento]]s, [[acción]]saccións ou [[pensamento]]s que se poden etiquetar como homosexuais
|-
| Comparación da identidade || O individuo compara os seus sentimentos, accións ou pensamentos cos de outros individuos e acéptaos provisionalmente
Liña 168:
 
* '''Grecia antiga'''. Na Grecia antiga as relacións afectivas e sexuais entre un home adulto (o ''erasta'') e un mociño adolescente (o ''eromeno'') eran aceptadas e considerábanse prestixiosas. En [[illa de Creta|Creta]] este tipo de relacións comezaban cun rapto ritual tras do cal celebraban banquetes e se entregaban regalos. A [[mitoloxía grega]] reflicte a normalización das relacións homosexuais emparellando ás súas divindades con cadanseu amante (así [[Zeus]] con [[Ganimedes]], [[Heracles]] con [[Iolano]] ou [[Apolo]] con [[Xacinto]].
* '''Pobo xudeu'''. O [[xudaísmo]] non aproba calquera tipo de relación sexual que non vaia encamiñada á reprodución. Nesta prohibición inclúense a masturbación e os actos homosexuais. Buscábase tamén o distanciamento dos pobos veciños, que celebraban ritos de hierogamia que reproducían o nacemento do [[Universo|cosmos]]. Moitos dos motivos de índole relixiosa que se esgrimen hoxe para rexeitar a homosexualidade proveñen dunha interpretación pouco acertada ou manipulada do [[Antigo Testamento]]. En particular o dogma [[Catolicismo|católico]] está sustentado principalmente por [[Xénese]] 19, 1-11; [[Levítico]] 18-22, 20, 13 e polos textos de [[Paulo de Tarso|Paulo]], [[Carta aos Romanos|Romanos]] 1, 26-28. As correntes integristas das relixións cristiá e xudía pretender ver neles unha condea de Deus aos actos sexuais entre homes.
* '''Roma antiga'''. En [[Roma Antiga|Roma]] as prácticas homosexuais foron cousa frecuente, especialmente entre as clases máis elevadas, pero non sempre ben aceptadas, pois a transgresión dos roles de xénero era considerada antinatural. Aínda así notables homes de estado mantiveron relacións sexoafectivas cos seus amantes. Tamén a [[literatura]] enxalza o amor entre homes. No ano [[342]] o emperador [[Constante]] deixou fóra da lei os matrimonios do mesmo sexo e mandou castigar os actos homosexuais de natureza ''"pasiva"''.
* '''Europa medieval'''. A primeira [[Idade Media]] foi tolerante no referente á aceptación das prácticas homosexuais, pero cando cae a cultura romana a moral sexual comezou a derivar cara a posicións cada vez máis rigorosas. As prácticas homosexuais relacionábanse co [[paganismo]]. Porén o condenado non era a homosexualidade da práctica, senón o seu carácter antinatural. Dentro do ámbito monástico florece unha literatura amorosa que canta o amor entre homes. Os autores que cultivan este xénero non se laian por seren homosexuais, senón por transgrediren o [[celibato]].
Liña 200:
No relativo ao recoñecemento legal das relacións de parella entre persoas do mesmo sexo, algúns estados homológanas ás parellas entre persoas de diferente sexo, recoñecéndolles o dereito a contraer matrimonio, aínda que non sempre en igualdade de dereitos cos matrimonios heterosexuais.
 
Actualmente hai vinte e un estados que conceden aos seus cidadáns o dereito a establecer unha relación matrimonial legalmente válida entre persoas do mesmo sexo. Trátase dos [[Países Baixos]] (dende 2001), [[Bélxica]] (dende 2003), os estados norteamericanos de [[Massachusetts]] (dende 2004) e [[California]] (entre 2005 e 2008, recoñece só os casamentos celebrados nese período no estado), [[España]] (dende 2005), [[Canadá]] (dende 2005), [[Sudáfrica]] (dende 2006), os estados norteamericanos de [[Connecticut]] (dende 2008), [[Iowa]] (dende 2009), [[Maine, Estados Unidos de América|Maine]] (dende 2009) e [[Vermont]] (dende 2009), [[Suecia]] (dende 2009), [[Noruega]] (dende 2009), [[Portugal]] (dende 2010), [[Islandia]] (dende 2010), os estados norteamericanos de [[New Hampshire]] (dende 2010), [[Washington D.C.]] (dende 2010) e [[Nova Jersey]] (recoñéceos só a efectos de resolución de demandas de divorcio), o estado mexicano de [[México D.F.]] (dende 2010), [[Arxentina]] (dende 2010, por mandato xudicial) e [[Israel]] (non os celebra pero recoñece os celebrados noutros estados).
 
Outros estados atópanse en proceso de tramitación parlamentaria ou aprobación das reformas lexislativas necesarias para recoñecer o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. É o caso de [[Luxemburgo]], [[Nepal]] (dende 2008), [[Eslovenia]] (dende 2009) e [[Finlandia]].