Manuel Colmeiro Penido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m moveu "Manuel Colmeiro Penido" a "Manuel Colmeiro y Penido": Movo a nome correcto según [http://www.senado.es/cgi-bin/BRSCGI?CMD=VERDOC&BASE=HISE&DOCN=000000743 ficha no senado]
Liña 9:
 
==Pensamento==
A principal aportaciónachega de '''Manuel Colmeiro''' no campo do [[Dereito político]] foi a súa concepción dualista da [[división de poderes]]. Consideraba que o Estado só debía ter dúas funcións: ditar as leis (función que estaría a cargo do [[poder lexislativo]]) e aplicalas e facelas cumprir (misión que quedaría subordinada á dirección do lexislativo e que estaría desempeñada polos poderes [[poder executivo|executivo]] e [[poder xudicial|xudicial]]). Ademais, foi o introdutor e sistematizador do [[Dereito administrativo]] en España.
 
Como economista realizou un importante traballo de investigación sobre a [[historia económica]] de España e o pensamento económico español especialmente as súas obras: ''Historia de la Economía Política en España'' (1883) e ''Biblioteca de los economistas españoles de los siglos XVI, XVII y XVIII'' (1880). A esta última obra [[Joseph Alois Schumpeter|Schumpeter]] refírese con frecuencia na súa ''Historia da análise económica''. Como teórico evolucionou dunha postura inicial [[proteccionismo|proteccionista]], moi influído por [[Blanqui]] e [[Flores Estrada]], ata defender con forza o [[liberalismo]] nos seus últimos escritos.