Cómodo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: af:Commodus
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (- sua + súa )
Liña 6:
A estabilidade que oferecía o mecanismo sucesorio, e que tan bos resultados dera nos anos anteriores, entrou en crise. Estalaron motíns nas provincias e na mesma Roma, neste último caso pola carestía das subsistencias, e que se atribuíron aos manexos especulativos de [[Cleandro]], favorito do emperador.
 
O sistema estaba canso, o que se traducía nunha progresiva ineficacia, e non sería xusto dicir que toda a responsabilidade era de Cómodo, pero non é menos certo que a suasúa desastrosa actuación agravou unhas condicións que terían necesitado dun gobernante enérxico, capaz e honrado para lle poñer freo.
 
Os derradeiros anos de Cómodo foron un auténtico delirio de extravagancias e crueldades da mais impúdica exhibición, dunha megalomanía que parecía non ter limites. O emperador presentouse como un deus e obrigou a adoptar o adxectivo de "comodiano" para designar todas as institucións. Incluso parece que pretendeu trocar o nome de Roma. Tramáronse numerosas conspiracións contra el mesmo, que eliminou con numerosas execucións nas que foron vítimas familiares e colaboradores. Nunha delas, tramada pola suasúa concubina [[Marcia]], foi asasinado por un [[gladiador]].
 
Tras o seu asasinato, o Senado votou a ''damniato memoriae'', isto é, a condena da suasúa lembranza, polo que o seu nome foi borrado e omitido, e todos os seus decretos e disposicións, anulados.
 
As películas ''[[A caída do Imperio Romano]]'' (1964) e ''[[Gladiator]]'' (2000) están baseadas parcialmente na vida de Cómodo, mais débese ter cautela na rigorosidade histórica das mesmas.