John MacBride: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-governo +goberno, -Governo +Goberno)
Liña 5:
John MacBride naceu en The Quay ([[Westport - Cathair na Mart|Westport]]) fillo de Patrick MacBride, un comerciante, e de Honoria Gill, quen o sobrevivíu.<ref>[http://www.nli.ie/1916/pdf/9.4.pdf]</ref> Foi educado nos Irmáns Cristiáns de Westport e no [[St. Malachy's College]] de [[Belfast]]. Traballou un tempo nunha tenda en [[Castlerea - An Caisleán Riabhach|Castlerea]] ([[Condado de Roscommon]]). Estudou medicina, mais deixouno para traballar como químico nunha empresa de Dublín.
 
Uniuse á [[Irmandade Republicana Irlandesa]] (IRB) e fíxose amigo de [[Michael Cusack]] nos comezos da [[Asociación Atlética Gaélica]] (GAA). Tamén se uniu á Sociedade Literaria Céltica a través da cal coñeceu a [[Arthur Griffith]], que foi o amigo que máis influiu na súa vida. A principios de [[1893]], MacBride foi considerado un "nacionalista perigoso" polo governogoberno o [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda|británico]]. En [[1896]] marchou aos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] como membro da IRB. Cando voltou volveu marchar a [[Sudáfrica]].
 
==Segunda Guerra Bóer==
Tomou parte na [[Segunda Guerra Bóer]] como membro da [[Brigada Irlandesa de Transvaal]], da cal o comandante era o irlandés-americano coronel John Blake, antigo oficial da cavalería dos Estados Unidos.<ref>Jordan Anthony J. 'Boer War to Easter Rising', Westport Books 2006 p.13</ref> A brigada recibíu recoñecemento oficial do governogoberno bóer, e os cargos foron asinados polo secretario de estado F.W. Reitz. Recibiu o cargo de maior (equivalente a comandante), así como acidadanía bóer.
 
Uns 500 irlandeses e irlandeses-americanos loitaron contra os británicos, ás veces contra rexementos formados por irlandeses, como os [[Dublin Fusiliers]] e os Inniskillings. Dende os montes circundantes á vila de [[Ladysmith]] ás chairas do [[Estado Libre de Orange]], a brigada de MacBride enfrontouse aos canóns británicos, loitaron na [[batalla de Colenso]] e máis tarde cubriron a retagarda, hostilizando á cavalería de [[Lord Roberts]] na retirada do exército bóer. Sen embargo, tamén moitos irlandeses loitaron cos británicos contra os bóer.