Diferenzas entre revisións de «Parede celular»

 
== Paredes celulares das arqueas ==
As paredes celulares das [[Archaea|arquea]]s son bastante inusuais. O [[peptidoglicano]], que é un compoñente habitual das paredes das [[bacteria]]s está ausente nas paredes das arqueas,<ref name="White 1995">White, David. (1995) ''The Physiology and Biochemistry of Prokaryotes'', páxinas 6, 12-21. (Oxford: Oxford University Press). ISBN 0-19-508439-X.</ref> coa excepción do grupo das [[arquea metanóxena|metanóxena]]s.<ref name="Howland 2000" /> Pero mesmo nese grupo o peptidoglicano é unha forma modificada moi diferente da bacteriano.<ref name="White 1995" /> Hai catro tipos de paredes celulares entre as arqueas.
 
Un tipo de parede arqueana está formado por [[pseudopeptidoglicano]] (tamén chamado pseudomureína). Esta parede é propia das [[arquea metanóxena|arqueas metanóxenas]], como ''[[Methanobacterium]]'' e ''[[Methanothermus]]''.<ref name="Brock 1994">Brock, Thomas D., Michael T. Madigan, John M. Martinko, & Jack Parker. (1994) ''Biology of Microorganisms'', 7th ed., pages 818-819, 824 (Englewood Cliffs, NJ: Prentice Hall). ISBN 0-13-042169-3.</ref> A diferenza do peptidoglicano bacteriano o azucre [[ácido N-acetil-murámico]] é aquí substituído polo [[ácido N-Acetil-talosaminurónico]],<ref name="White 1995" /> e os enlaces glicosídicos son de tipo ''β'',1-3 en vez do ''β'',1-4. Ademais, os péptidos unidos ao polisacárido son L-[[aminoácido]]s en vez de isómeros D como en bacterias.<ref name="Brock 1994" />
176.702

edicións