Taufaʻāhau Tupou IV: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Chobot (conversa | contribucións)
m r2.6.5) (Bot: Modifico: ko:타우파하우 투포우 4세
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 9:
Cando a súa nai, a raíña Sālote III faleceu por mor fun [[cancro]] en [[1965]], ascendeu ao tron, se ben a cerimonia de coroación non tivo lugar ata [[1967]]. O acto, que durou cinco días, mesturaba os principios metodistas cos costumes do arquipélago e supuxo o sacrificio de 71.000 [[leitón]]s.
 
Exerceu unha forte autoridade política e mantivo o sistema aristocrático da política tonguesa, onde o rei e mais os nobres controlan o 70% do [[Parlamento de Tonga]], mais tamén os principais recursos económicos dun país que vive da pesca, o agro e as divisas dos emigrantes tongueses. O principal problema que tivo durante o seu mandato foi o escándalo por uns investimentos ilícitos realizados polo seu [[bufón]], o banqueiro [[Estados Unidos de América - United States of America|estadounidense]] [[Jesse Bogdonoff]]. Tamén supuxo un certo escándalo internacional a venda de pasaportes tongueses a quen os puidese pagar, coma o ditador [[Filipinas|filipino]] [[Ferdinand Marcos]] e mais a súa muller [[Imelda Marcos|Imelda]].
 
Nos últimos anos, o rei iniciou unha viraxe cara un proceso de maior transparencia e democratización, forzado polas circunstancias. En [[2005]] unha folga do funcionariado mantivo en xaque o goberno durante varias semanas, nun conflito onde o neto do rei, [[Tu'i Pelehake ('Uluvalu)]], fixo de medidador. Unha comisión constitucional comezou nese mesmo ano a estudar unha reforma da [[constitución|carta magna]].