Coroa de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (A Coruña)
Liña 129:
airadas protestas nas Cortes, que rexeitan a presenza de estranxeiros nas súas deliberacións. A pesar das ameazas, as Cortes (lideradas por [[Juan de Zumel]], representante por Burgos) resisten e conseguen que o rei xure respectar as leis de Castela, quitar de postos importantes os estranxeiros e aprender a falar castelán. Carlos, tras o seu xuramento, consegue unha subvención de 600.000 ducados.
 
Carlos I é consciente de que ten moitas opcións para ser emperador e necesita impoñerse na Coroa de Castela e acceder á súa riqueza para o seu sono imperial. Castela era un dos territorios máis dinámico, rico e avanzado da Europa do [[século XVI]], e comeza a darse conta de que pode quedar inmersa nun imperio, isto xunto á falta á súa promesa por parte de Carlos, fai que a hostilidade cara ao novo rei aumente. En [[1520]] convócanse ás Cortes en [[Toledo]] para outra subvención (o servizo), que as Cortes rexeitan. Vólvense convocar [[Santiago de Compostela|Santiago]] co mesmo resultado. Finalmente convócanse na [[A Coruña|Coruña]], subórnase un importante número de representantes, a outros non se lles permite a entrada, e consegue que lle aproben o servizo. Os representantes que votaron a favor son atacados polo pobo castelán e as súas casas queimadas. As Cortes non serán a única oposición coa que se atopará Carlos, pois ao saír de Castela en [[1520]], deixando como rexente o seu antigo preceptor, o cardeal [[Hadriano VI|Hadriano de Utrech]], estala a [[Guerra das Comunidades de Castela]]. Os 'comuneiros' foron derrotados un ano máis tarde ([[1521]]).
 
A guerra en Navarra reproduciuse varias veces nos anos seguintes á morte de Fernando o Católico, debido aos intentos de reconquista dos reis navarros, axudados polo [[Reino de Francia]]. Un destes intentos aconteceu nada máis acceder ao trono Carlos I, en [[1516]], mais axiña foi atallado. O máis importante produciuse en [[1521]], onde ademais da entrada de tropas polo norte se produciu un apoio da poboación navarra (incluída a [[beaumontesa]]), cunha sublevación xeneralizada que levou a expulsar o exército castelán de todo o territorio navarro. Seguidamente Carlos I enviou un exército de 30.000 homes ben abastecidos, que en pouco tempo e tras a cruenta [[Batalla de Noáin]] devolveu o control da maioría do territorio navarro a Castela. Aínda quedaron dous focos de resistencia posteriores, no [[Castelo de Maia]] en [[1522]] e no de [[Asedio da fortaleza de Fuenterrabía|Fuenterrabía]] en [[1524]], ademais de na [[Baixa Navarra]], onde as incursións castelás eran inestables. Finalmente, en [[1528]], Carlos I retiraríase do territorio de [[Baixa Navarra]] ao non poder defendelo eficazmente, e abandonando as súas pretensións sobre el, e sen que existise ningún tratado formal entre os reis de Navarra e Carlos I.