Nós (revista): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
PepedoCouto (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (A Coruña)
Liña 8:
===Organigrama e primeiros pasos===
[[Ficheiro:Signature_of_Vicente_Risco.jpg|230px|right|thumb|[[Vicente Risco]] era o director da revista]]
''Nós'' foi impulsada e dirixida por [[Vicente Risco]], quen procurou insistentemente colaboracións de fóra de Galiza co obxecto de lle dar unha dimensión europea. O primeiro número apareceu o [[30 de outubro]] de [[1920]] en [[Ourense]] e aquí se publicarían os primeiros 15, antes de pasar a ter a administración na [[A Coruña|Coruña]] e [[Santiago de Compostela|Santiago]], na sede da [[editorial Nós]]. O enderezo mantívose sempre no domicilio de Vicente Risco.
 
A revista, vinculada ao pensamento nacionalista, pretendía normalizar o uso do idioma e elevalo dos usos orais á alta cultura. Mesmo a publicidade era maioritariamente en galego. Pretendeuse tamén que o seu deseño gráfico axudase a conseguir esa dignificación e a crear unha estética xenuinamente galega, para o que Risco designou a [[Castelao]] como responsábel artístico.