Gestapo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: new:गेस्टापो
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Liña 5:
A Gestapo foi creada en abril de [[1933]], en [[Prusia]], partindo da organización da Policía Secreta Prusiana. A Gestapo foi simplemente a primeira rama da Policía Prusiana coñecida como "Departamento 1A da Policía Estatal Prusiana".
 
O seu primeiro comandante foi [[Adolf Hitler]], quen recrutou membros desde os departamentos de policía profesional e converteu a GESTAPO nunha axencia policial nacional, comparabel con moitos exemplos modernos, tales como a Oficina Federal de Investigación nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]]. O rol da Gestapo como forza policial política non resultou evidente ata que [[Hermann Göring]] foi nomeado sucesor de Diels como comandante da Gestapo en [[Prusia]]. Göring recomendou ao goberno Nazi estender o poder da Gestapo máis aló de Prusia ata abarcar toda Alemaña. Isto conseguiuno Göring excepto en Baviera, onde [[Heinrich Himmler]] (cabeza da SS) desempeñou o papel de presidente da policía de Baviera e usou as unidades locais da SS como forza policial política.
 
En abril de [[1934]], Göring e Himmler acordaron deixar de lado as súas diferenzas (debido en gran medida ao odio combinado das Sturmabteilung (SA)) e Göring transferiu toda a autoridade da Gestapo ás SS. Nese momento, a Gestapo foi incorporada dentro da Sicherheitspolizei e considerada unha organización irmá do Sicherheitsdienst.